Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións

15 de marzo de 2019

Día internacional de π


3,141592653589793238462643383279502884197169399375105820974944592307816406286208998628034825342117067982148086513282306647093844609550582231725359408128481117450284102701938521…

[Quen atope o erro, que avise]

8 de febreiro de 2019

Exposición 11 de febreiro: InvestigadorAs na luz


Desde o 1 de febreiro, temos expostos os pósters sobre as InvestigadorAS na luz e as tecnoloxías da luz, realizada polo Grupo de Mulleres en Física da Real Sociedade  Española de Física. 


Á beira tamén podemos observar:
  • unha serie de láminas sobre ilusións ópticas.

  • as minibiografías comiqueiras de La Fuensanta y el Antón.

  • no recanto Toc-toc, un achegamento ao mundo microscópico.
Alumnado de 2ºde ESO resolvendo o cuestionario de seguemento









15 de xaneiro de 2019

CienciAtiras (36) : Por...por...porcentaxes.

Branding


Nota do autor: En realidad no queda nada claro si el 70% hace referencia a la parte de una parte o a la parte de una parte de una parte, porque en la letra pequeña pone: Helado de chocolate con leche (con 3% de chocolate con leche y 7% de caco en polvo) recubierto con chocolate (30%).

de Xavier Agueda en El listo.

11 de decembro de 2018

“Fontán, o mestre da medida da comunicación de Galicia para o mundo” con Elena V. Cendón. XXXI Congreso ENCIGA [10]

Na conferencia de clausura do XXXI Congreso ENCIGA, Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da USC, falounos de Domingo Fontán, o matemático e xeógrafo natural de Portas (Pontevedra) designado pola Real Academia Galega de Ciencias como Científico Galego 2018 con motivo do Día da Ciencia en Galicia. Velaquí o resumo para o libro do Congreso e unhas fotografías da charla. 

"O obxectivo do relatorio e poñer en común co profesorado de ciencias de Galicia a valía persoal e científica do matemático e xeógrafo Domingo Fontán. A relatora é unha das coordinadoras da unidade didáctica Domingo Fontán e a Carta Xeométrica de Galicia publicada polo Consello da Cultura Galega en 2018. Compartirá os obxectivos da unidade didáctica e os fitos vitais e científicos de Domingo Fontán para que poidan ser compartidos nas aulas por docentes de diferentes materias de ciencias, xeografía e historia".









Elena Vázquez Cendón, natural de Ourense, é Doutora en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesora Titular dende 1997. É coautora de trinta publicacións científicas, editora de tres monografías e autora de dous libros.
Na actualidade é coordinadora xeral do Proxecto ESTALMAT-Galicia e Decana da Facultade de Matemáticas da USC.
Como investigadora, está adscrita ao Instituto Tecnolóxico en Matemática Industrial e é membro do Instituto de Matemáticas da USC. Forma parte do grupo de investigación en Ingeniería Matemática coordinado polo Profesor Alfredo Bermúdez.
A temática das súas investigacións ten diferentes ámbitos de aplicación: problemas relativos ás ecuacións das augas  someras,  ás ecuacións de  Navier-Stokes, ás ecuacións de  Euler con gravidade e ás ecuacións que  modelan o fluxo de sangue en arterias e en veas.


10 de outubro de 2018

Cartas a Domingo Fontán

O mapa de Fontán (propiamente Carta geométrica de Galicia) é un dos maiores fitos científicos da nosa historia. En 2017, celebrouse o bicentenario do inicio de tan magna obra. En 2018, o seu autor foi elexido como científico galego do ano. Unha boa ocasión para apareceren publicacións que difundan a súa figura.

O Consello da Cultura Galega encargou unha unidade didáctica (descarga en PDF) que constitúe unha magnífica aproximación a Don Domingo Fontán, ademais de incorporar uns moi atractivos exercicios matemáticos.


A revista Ciencia en Galicia, editada pola Real Academia Galega de Ciencias e GCiencia, dedícalle boa parte do anuario 2018.  Pódela descargar en PDF ou visitar a súa versión web: acienciaengalicia2018.gciencia.com.


Nunha e noutra publicación, atopamos o nome da decana da facultade de matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón (como autora, como entrevistada) a quen poderemos escoitar, o mes que vén, no noso centro, dentro das actividades do congreso de Enciga.

A BNE dixitalizou a Carta... e pódela descargar en PDF.

27 de agosto de 2018

Katherine Johnson: cen anos e un día

Foto: NASA


Onte, 26 de agosto, Katherine Johnson fixo cen anos. 
Lembrámola hai pouco con ocasión do 11F e a recomendación do filme Figuras ocultas.

Hoxe, para celebrarmos que estrea o seu segundo centenario,  suxerímosvos un breve artigo de Mª Ángeles García Ferrero e Ágata Timón, na sección de El País, Café y teoremas. 

4 de abril de 2018

O libro de divulgación científica máis antigo da historia

Xa tardabamos demasiado en agradecer o enorme traballo que a Asociación de tradutores galegos fai pola nosa lingua. Tamén é certo que, dentro do catálogo de obras que poñen á nosa disposición, non abundan as lecturas de ciencia (nada diferente do que sucede no noso mundo editorial).


Para os afeccionados á ciencia, nada mellor que o Arenarius de Arquímedes, en tradución de José Nicanor Alonso Álvarez e Miguel Ángel Mirás Calvo, como presentación de  BIVIR.

O "Arenarius", de Arquímedes, trátase probablemente do libro de divulgación científica máis antigo da historia. Nel, Arquímedes explícalle ao rei Gelón II, tirano de Siracusa, como, contrariamente ao que a xente pensa, o número de grans de area que se precisan para encher o Universo, é finito. Para iso debe, tras estimar o tamaño do Universo, establecer un método que permita expresar números grandes (o sistema de numeración grego non permitía expresar números superiores a cen millóns). Este texto conta tamén cun gran valor histórico, xa que nos informa dos sorprendentes coñecementos astronómicos da época (comprobamos que non só consideraban que a Terra era esférica, e non plana, senón que chegaron a calcular o seu perímetro con grande exactitude, séculos antes de que Colón pensara en chegar ás Indias circunvalando o globo). Ademais, temos a primeira noticia na historia dun modelo heliocéntrico, anticipándose máis de mil anos a Copérnico. [Presentación do libro en Bivir, Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego ]

7 de abril de 2016

Obradoiro de dobraxe

Tras as pegadas de D. Ramón Aller, para mergullarnos no mundo das matemáticas e bucear no noso idioma...



3 de novembro de 2015

Encontro con... Cibrán Arxibai

Con motivo do Día da ciencia en galego encontrarémonos co matemático Cibrán Arxibai.

Autor do blogue Carta xeométrica, Cibrán é unha das voces máis informada e activa da resistencia en favor do uso da lingua galega nas materias tecno-científicas. Ao tempo, é un imprescindíbel observador e analista da nosa realidade sociolingüística.

8 de maio de 2015

Breve crónica (persoal) da Olimpíada matemática.

Por Paula Martínez López e Celia Pedreira

O día 23 de abril, collemos un taxi rumbo a Ourense. Iamos tres rapazas, tres rapaces e Ángeles, a nosa profe.

Canda chegamos, faltaba un pouco para empezar e a profe convidounos a tomar algo nun bar de por alí, é moi boíña.
Despois xa eran horas de entrar na aula. Sentamos todos xuntos e mirabamos uns para os outros, un pouco asustados, porque pasaramos os recreos comentando o teorema de Pitágoras e ninguén o entendía. Pero a nosa sorpresa foi grande cando nos entregaron o exame, non preguntaba nada sobre iso, e menos mal!!!


O primeiro exercicio non nos saía e intentamos copiar, pero non houbo maneira.

Cando todos entregamos, saímos e contámoslle á profe as cousas que nos saíran e as cousas que non, e despois chamáronnos para recoller un diploma pola participación. Ao acabar, volta para Lalín!

A verdade é que, ao principio, non queriamos ir, pero despois pasámolo moi ben e rimos moito. Foi unha boa experiencia que volveriamos repetir.

18 de novembro de 2014

Unha risadela matemática

Foto: Madridmasd

Grazas á Asesoría de BBEE, soubemos deste video. Eduardo Sáenz de Cabezón, matemático e profesor da Universidad de La Rioja, gañou con monólogo Las matemáticas son para siempre o Concurso Internacional de monólogos científicos, convocado pola Fundación Española para la ciencia y la tecnología (FECYT).

Proba e puntúa con: sorrisiño, sorriso, risiño, risadela, riso, risada, risallada, gargallada.