11 de decembro de 2018

“Fontán, o mestre da medida da comunicación de Galicia para o mundo” con Elena V. Cendón. XXXI Congreso ENCIGA [10]

Na conferencia de clausura do XXXI Congreso ENCIGA, Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da USC, falounos de Domingo Fontán, o matemático e xeógrafo natural de Portas (Pontevedra) designado pola Real Academia Galega de Ciencias como Científico Galego 2018 con motivo do Día da Ciencia en Galicia. Velaquí o resumo para o libro do Congreso e unhas fotografías da charla. 

"O obxectivo do relatorio e poñer en común co profesorado de ciencias de Galicia a valía persoal e científica do matemático e xeógrafo Domingo Fontán. A relatora é unha das coordinadoras da unidade didáctica Domingo Fontán e a Carta Xeométrica de Galicia publicada polo Consello da Cultura Galega en 2018. Compartirá os obxectivos da unidade didáctica e os fitos vitais e científicos de Domingo Fontán para que poidan ser compartidos nas aulas por docentes de diferentes materias de ciencias, xeografía e historia".









Elena Vázquez Cendón, natural de Ourense, é Doutora en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesora Titular dende 1997. É coautora de trinta publicacións científicas, editora de tres monografías e autora de dous libros.
Na actualidade é coordinadora xeral do Proxecto ESTALMAT-Galicia e Decana da Facultade de Matemáticas da USC.
Como investigadora, está adscrita ao Instituto Tecnolóxico en Matemática Industrial e é membro do Instituto de Matemáticas da USC. Forma parte do grupo de investigación en Ingeniería Matemática coordinado polo Profesor Alfredo Bermúdez.
A temática das súas investigacións ten diferentes ámbitos de aplicación: problemas relativos ás ecuacións das augas  someras,  ás ecuacións de  Navier-Stokes, ás ecuacións de  Euler con gravidade e ás ecuacións que  modelan o fluxo de sangue en arterias e en veas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario