Amosando publicacións coa etiqueta Química. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Química. Amosar todas as publicacións

24 de decembro de 2020

CienciAtiras (59): Cargando baterías

Camiño verde

Lembramos que o Nobel de Química 2019 foi para John Goodenough, Stanley Whittingham e Akira Yoshino, pola súa contribución ao desenvolvemento das baterías de ion litio, un paso fundamental para irnos liberando da dependencia dos  combustibles fósiles.


de Zach

20 de novembro de 2020

Premio "Inspiraciencia" do CESIC para Adrián Llinares Juíz

Comprácenos anunciar a nova de que o alumno de 1º do Bacharelato Adrián Llinares Juiz vén de gañar o concurso de relatos "Inspiraciencia", organizado polo CSIC, na categoría de 12 a 17 anos co relato "El amor es pura química... y la familia también" (preme no título para ler o relato).
 
Adrián na Biblioteca do centro perante a foto do Congreso de Solvay
 
Para saber máis do porqué da súa participación preme en YouTube.
Moitos parabéns Adrián, e por suposto á comunidade do CPI de Rodeiro.

3 de novembro de 2019

Día da Ciencia en Galego

Como todos os anos, e xa van dez, o 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, e ao fío deste evento non está demais lembrar que o pasado 8 de outubro se celebrou o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Tomás Batuecas Marugán, estremeño que situou Galicia no mapa do cálculo das masas atómicas. [Ler más na páxina da RAGC]


E tal como deita a web divulgaccion.org "non é casualidade que a RAGC decidise dedicar o Día da Ciencia en Galicia á figura de Tomás Batuecas Marugán. E isto é así porque este personaxe, primeiro catedrático de Química Física na Universidade de Santiago, estivo moi ligado á IUPAC durante as tres décadas que foi profesor en activo da nosa universidade, e porque coa súas investigacións sobre masas atómicas permitiu mellorar a información sobre os elementos químicos da Táboa Periódica.


Foto ragc.gal

A este respecto, hai que lembrar que estamos a celebrar o Ano Internacional da Táboa Periódica e que o noso centro se sumou ás actividades que se están a celebrar construíndo a nosa particular táboa periódica que poderemos contemplar de novo nos próximos días como ramo a tal celebración, xunto coa exposición "Entre moléculas" do CISC.
No Toc-Toc-A-Ciencia e na Marela podedes informarvos sobre a nosa Táboa Periódica.

19 de maio de 2019

2019: Ano Internacional da Táboa Periódica

A UNESCO declarou o 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica. Nós quixémonos sumar ás actividades que se están a celebrar en universidades e centros de ensino de todo o mundo, construíndo a nosa particular táboa periódica xigante que podedes ver estes días no recanto do Toc Toc. Como novidade, aparecen, sinalados nela, os elementos químicos descubertos por mulleres ou que teñen nome de muller, e tamén os que se descubriron en España.



Esta pequena exposición é o resultado do traballo realizado polo alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato durante o segundo trimestre deste curso. Podedes tamén ler información sobre algún elemento químico de interese, coma o sodio, o ferro ou o cobre, e observar uns sinxelos modelos da rede cristalina do cloruro de sodio, dos isótopos do carbono e dos fluorocarbonos, todos eles realizados na clase con boliñas de poliespán, escarvadentes e pinturas de cores.




7 de decembro de 2018

"Science for fashion" con Javier Sardina. XXXI Congreso ENCIGA [8]

A conferencia inaugural do XXXI Congreso ENCIGA, Science for fashion, foi impartida por D. Javier Sardina, Catedrático de Química Orgánica na Universidade de Santiago de Compostela. Velaquí o resumo da mesma, que se pode tamén consultar no libro do Congreso .

"El mundo de la moda parece, en principio, muy alejado del de ciencias como la Química, las Matemáticas o la Biología. En esta charla describiré cómo, sin embargo, varias disciplinas científicas han contribuido decisivamente a transformar una prenda de trabajo en un icono de la moda y a mejorar la sostenibilidad de su manufactura, a eliminar de nuestras prendas alguna peligrosa sustancia, a descubrir una sofisticada trama de sabotaje comercial e incluso a crear nuevos modelos comerciales de creación de moda. Los ejemplos presentados mostrarán aplicaciones relevantes de Química (Síntesis Orgánica, análisis, reacciones red-ox), Biología (Genética, Inmunología) y Matemáticas (Estadística)".







Os intereses de D. Javier Sardina no mundo da investigación van dende a síntese orgánica asimétrica e a química sostible ata o desenvolvemento de software científico. Dende 2004 colabora co grupo INDITEX S.A. en proxectos de I+D e como asesor na creación, implantación e cumprimento de estándares de saúde e seguridade en todo tipo de artigos. É ademais, dende 2013, membro do Consello Social desta multinacional.



4 de maio de 2016

The periodic table & comic books

h

Simpática cousa nos trae a Marela BD grazas a Ese punto azul pálido: unha táboa periódica de cómics (?).

Probade. Se premedes nun elemento, sáenvos escenas de cómics (tirando a antigos, iso si) relacionadas con el.

 

19 de febreiro de 2016

Ignacio Ribas : Día da ciencia en Galicia

Este ano dedicáselle o Día da ciencia en Galicia ao químico Ignacio  Ribas.

A Real Academia Galega de Ciencias, sinálao como "gran valedor dos produtos naturais autóctonos".
A propia academia sinala que "Galego de adopción, bautizou as substancias que descubriu con nomes como santiaguina, pontevedrina, orensina e coruñina.
Moi reivindicativo co financiamento da ciencia e coa conexión entre a investigación e a empresa, foi colaborador de Zeltia e do Instituto Servet.
" [Le máis na páxina da RAGC]


La Voz de Galicia daba a noticia cunha foto na que está acompañado de D. Ramón:


A noticia no Praza pública.

Ignacio Ribas no Album da Ciencia.

3 de novembro de 2015

18 de decembro de 2014

A ciencia na Gran Guerra


Aproximémonos á ciencia desde o estudo da Gran Guerra, ou fagámolo en dirección contraria. Sairannos ducias, centos de propostas e posibilidades.
VEBER, Jean (1918 ): Les gaz. Paris. BnF.

Nós ímonos conformar cunha presiña delas.

Que tal se nos imos achegando ao tema desde o punto de vista da "guerra química" ou de determinadas solución médicas?

Aquí tedes algunhas interesantes ligazóns:

Química.

Física:

Medicina:

Inventos científicos e tecnolóxicos.



29 de maio de 2013

A cantar a táboa (periódica)

Quédannos tres toc-toca por poñer. Algún enredo impídenos andar ao ritmo que quixeramos. Así que, mentres vai ou non vai, que tal unha cantiguiña?


Vímola no Naukas e pareceunos moi aquelada, ademais reclamounos a atención para outros vídeos  de AsapSCIENCE que son igual de xeitosos.

-