de Andrea Ucini.
Amosando publicacións coa etiqueta Tecnoloxía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tecnoloxía b>. Amosar todas as publicacións
1 de abril de 2020
7 de maio de 2017
Segundo premio no IX Concurso Galego de Robótica
Os nosos alumnos de bacharelato acadaron unha merecidísima segunda posición no IX Concurso Galego de Robótica organizado pola Fundación Barrié e IGACIENCIA.
Fotografía de Javier Bernabé, Lalín, Faro de Vigo.
Javier Enjamio, Jaime Blanco, Emma Álvarez e Bruno Fraga.
|
Texto do profesor Javier Enjamio
O certame que busca aproximar o mundo da Robótica ao alumnado e á sociedade galega tivo nesta edición unha participación duns 2279 alumnos acompañados duns 120 profesores.
O noso centro participou con 12 alumnos de Tecnoloxía de 4º ESO e 16 de Tecnoloxía Industrial de Bacharelato.
O concurso organízase en torno a desafíos Robóticos cuxa dificultade e puntuación asociada vai aumentando. Nestes desafíos os alumnos deben programar Robots Lego NXT ou a súa versión mais actual EV3, para que empregando a información captada polos sensores vaian superando probas.
Na fase inicial varios grupos de ESO e Bacharelato do noso centro tiveron puntuacións destacadas, pero solo o grupo formado por Emma Álvarez Conde, Jaime Blanco Vilariño, Bruno Fraga González e Pablo Cambeiro Cardelle superou os puntos necesarios para participar na final.
Na final de Coruña as probas da categoría limitáronse a catro, dunha maior dificultade. Entre os retos da categoría de Bacharelato debía programar o Robot para percorrer un sinxelo labirinto baixo sinais específicas dos diversos sensores, apartar obstáculos por cores, ensinar gráficos ou avanzar describindo un percorrido poligonal cunha cantidade de lados indicada previamente de forma táctil.
As posición finais decidíronse por pequenos detalles dado o alto nivel e a boa actitude de tódolos participantes.
Finalizadas as probas, varios grupos de entre os participantes, fixeron unha breve demostración-explicación dos desafíos programados. Con esta presentación pecharon unha participación na que amosaron unha ampla variedade de competencias, habilidades e coñecementos necesarios para superar os retos: tecnolóxicos, informáticos, matemáticos, científicos, de comunicación lingüística e a iniciativa para emprender solucións innovadoras.
Dámoslles os nosos parabéns aos gañadores e aos demais alumnos do centro que participaron, pola inmellorable actitude e as aportacións individuais construtivas na coordinación dos distintos grupos.
Etiquetas:
Concurso Galego de Robótica,
Premios,
Tecnoloxía
20 de abril de 2017
Finalistas no IX Concurso Galego de Robótica
Boas novas! O equipo de alumnos formado por Emma, Jaime, Bruno e Pablo pasou á final, na categoría de bacharelato, do IX Concurso Galego de Robótica organizado por IGACIENCIA e patrocinado pola Fundación Barrié.
O profesor de Tecnoloxía, Javier Enjamio, é o promotor desta actividade dende hai varios cursos. Foi en 2014 cando un grupo de rapaces de ESO acadou a segunda posición.
Noraboa a todos e sorte na fase final do 4 de maio na Coruña.
Etiquetas:
Concurso Galego de Robótica,
Robótica,
Tecnoloxía
18 de decembro de 2014
A ciencia na Gran Guerra
Aproximémonos á ciencia desde o estudo da Gran Guerra, ou fagámolo en dirección contraria. Sairannos ducias, centos de propostas e posibilidades.
| VEBER, Jean (1918 ): Les gaz. Paris. BnF. |
Nós ímonos conformar cunha presiña delas.
Que tal se nos imos achegando ao tema desde o punto de vista da "guerra química" ou de determinadas solución médicas?
Aquí tedes algunhas interesantes ligazóns:
Química.
- Unha panorámica xeral sobre as armas químicas.
- As arma químicas e a Gran guerra.
- O químico alemán Fritz Haber e a fabricación de armas químicas.
- O cloro como arma química.
- Propiedades físicas e toxicidade de diversos axentes químicos empregados como armas químicas
- Detección e identificación de axentes de guerra química (publicación do Ministerio de Defensa).
Física:
- O enxeñeiro Mónico Sánchez fabricou aparellos portátiles de raios X (radiación descuberta por Roentgen en 1898).
- Marie Curie e as unidades móbiles de raios X durante a guerra. (Tamén aquí)
Medicina:
Inventos científicos e tecnolóxicos.
- Esmateria ofrécenos unha atractiva selección de imaxes sobre os avances científicos e tecnolóxicos na I guerra mundial.
3 de novembro de 2014
29 de setembro de 2014
O CERN celebra hoxe '60 anos de ciencia para a paz'
O 29 de setembro de 1954, hai xa 60 anos, fundouse cerca de Xenebra o CERN (Centro Europeo para a Investigación Nuclear), co propósito de se converter nun centro de referencia a nivel mundial e compensar así a carencia de científicos en Europa despois da segunda guerra mundial.
Daquela eran tan só doce os estados membros, hoxe vinte e un, entre eles España, e outros moitos países colaboradores arredor do globo. Toda una mestura de nacionalidades e culturas unidas cunha única finalidade: a ciencia.
As investigacións que alí se realizan encádranse no que chamamos "ciencia básica". O afán do ser humano por responder ás grandes preguntas - quen somos? de onde vimos? - leva da man un desenvolvemento tecnolóxico de última xeración que repercute directamente na sociedade. A web, as pantallas táctiles, varias técnicas de medicina diagnóstica ou a radioterapia son só algún exemplos.
Este verán tiven a oportunidade de coñecer esta institución ao participar, xunto con outros 53 compañeiros, no High School Teacher Programme, un programa intensivo de tres semanas específicamente deseñado para profesores de física e que inclúe charlas con investigadores de primeira liña, obradoiros, visitas ás instalacións e traballos en grupo. Neste blog conto a miña experiencia.
Este verán tiven a oportunidade de coñecer esta institución ao participar, xunto con outros 53 compañeiros, no High School Teacher Programme, un programa intensivo de tres semanas específicamente deseñado para profesores de física e que inclúe charlas con investigadores de primeira liña, obradoiros, visitas ás instalacións e traballos en grupo. Neste blog conto a miña experiencia.
19 de setembro de 2014
Historia da informática

Aí por Agosto, Juan Jesús Velasco publicou no Diario Turing, unha escolma de documentais sobre a historia da informática. Escolleu doce e todos eles poden verse na rede.
Os primeiros, producidos polo Computer History Museum, céntranse nos tempos iniciais dos computadores:
O duódecimo, The Internet's Own Boy: The Story of Aaron Swartz, dirixido por Brian Knappenberger, glosa a figura de Aaron Swartz, un home clave da Internet. A el debémoslle proxectos como RSS 10, Reddit, Open Library ou Creative Commons. Aaron acabou suicidándose con vinte e seis anos, seguramente presionado por un sistema xudicial que non sempre entende a xenerosidade, o altruísmo ou a loita pola igualdade de oportunidades.
O resto deles podédelos atopar no artigo: 12 documentales para entender la historia de la tecnología.
21 de febreiro de 2014
Visita ao MUNCYT
A semana pasada alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º de bacharelato do noso IES visitaron a sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Alí puideron entrar na cabina do avión que trouxo a España O Guernica en 1981 , ver aparellos tecnolóxicos e de laboratorio antigos e mesmo coñecer como era o primeiro acelerador de partículas que houbo no noso país.
Ao tempo que percorrían as distintas salas, fixeron unha actividade de busca do tesouro organizada polo propio museo. Nesta actividade, o alumnado tivo que responder, competindo en grupos, a un amplo cuestionario con preguntas relacionadas principalmente coa historia da ciencia e da tecnoloxía.
Dúas horas lendo carteis, observando aparellos, escoitando as explicacións da nosa guía e anotando datos. E despois a comer para á tarde ir ao concurso de robótica. Día intenso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



