29 de setembro de 2014

O CERN celebra hoxe '60 anos de ciencia para a paz'

O 29 de setembro de 1954, hai xa 60 anos, fundouse cerca de Xenebra o CERN (Centro Europeo para a Investigación Nuclear), co propósito de se converter nun centro de referencia a nivel mundial e compensar así a carencia de científicos en Europa despois da segunda guerra mundial.
Daquela eran tan só doce os estados membros, hoxe vinte e un, entre eles España, e outros moitos países colaboradores arredor do globo. Toda una mestura de nacionalidades e culturas unidas cunha única finalidade: a ciencia.
As investigacións que alí se realizan encádranse no que chamamos "ciencia básica". O afán do ser humano por responder ás grandes preguntas - quen somos? de onde vimos? - leva da man un desenvolvemento tecnolóxico de última xeración que repercute directamente na sociedade. A web, as pantallas táctiles, varias técnicas de medicina diagnóstica ou a radioterapia son só algún exemplos.



Este verán tiven a oportunidade de coñecer esta institución ao participar, xunto con outros 53 compañeiros, no High School Teacher Programme, un programa intensivo de tres semanas específicamente deseñado para profesores de física e que inclúe charlas con investigadores de primeira liña, obradoiros, visitas ás instalacións e traballos en grupo. Neste blog conto a miña experiencia.




Ningún comentario:

Publicar un comentario