Amosando publicacións coa etiqueta Botánica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Botánica. Amosar todas as publicacións

15 de xuño de 2021

Fitoherbario : mostra gráfica

 Éxito é a palabra que mellor cualifica a Mostra Fitoherbario do alumnado de 1º da ESO, ao abeiro da coordinación do profesor Luis Guitián.

A seguir unha breve reportaxe gráfica da mesma. As fotos, como non, son de Carlos Míguez:
 






 


14 de xuño de 2021

Fitoherbario

A partir do martes 15, poderemos ver na Biblioteca Fitoherbario, proxecto desenvolvido polo alumnado de 1º da ESO e coordinado polo profesor Luis Guitián. 
Unha mostra de herbario dezao coa finalidade de potenciar o labor investigador do alumnado.

 

O nome común e o nome científico da planta... son algúns dos datos recollidos para a conformación do herbario por parte do alumnado.

E ao fío do proxecto non está de máis lembrar as Marelas editadas ata hoxe sobre botánica:

Guía das árbores do instituto

O bosque de ribeira

Un porraliño medicinal

Ademais da guía Como faceres o teu herbario. Preme nela:

 


 

7 de xullo de 2020

Dous millóns de ilustracións en descarga libre

Fonte
A Biodiversity Heritage Library pon á nosa disposición máis de dous millóns de ilustracións de Ciencias Naturais: animais, plantas, fungos... Todo en descarga gratuíta en flickr.

Explorade os múltiples álbums desde aquí.


Fonte

Quen nolo contou foi El horticultor. Graciñas.


Fonte

25 de xuño de 2019

Proxecto Fitofaladoiro


Como ramo ao traballo comezado xa no curso 2017-2018 e baixo a etiqueta de Ano da botánica, o alumnado de 1º ESO desenvolveu baixo a coordinación do profesor Luís Guitián o Proxecto Fitofaladoiro, unha mostra de herbario dezao coa finalidade de potenciar o labor investigador do alumnado dentro do ámbito colaborativo e interdisciplinar alicerzado na botánica e na fitotoponimia.
 Nome da planta, lugar, informante... son algúns dos datos recollidos para a conformación do herbario por parte do alumnado.
A seguir unhas fotos da exposición:






 E a guía Como faceres o teu herbario (preme nela):



5 de novembro de 2015

Publicacións en liña sobre medio ambiente (II)

Fonte
Unha vez máis seleccionamos as publicacións en liña desde a escolma que nos proporciona o servizo de novidades do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga do CEIDA.

Nesta caso recollemos a dos envíos corespondentes aos de xuño, xullo e setembro.


 
Alimentación



Botánica


Guía de cultivo do castiñeiro para a produción de castaña / editora, Josefa Fernández López. Santiago de Compostela : Consellería do Medio Rural e do Mar , 2014. Descarga. (PDF)

Conservación do medio ambiente / Conservación da natureza.



GOMES OLIVEIRA, Nuno... [et al.] (2011) Guía da Reserva Natural Local do Estuário do Douro . Gaia : Reserva Natural Local do Estuário do Douro. Descarga (PDF).

GONZÁLEZ, Marta, BAREA, Julio & CANTERO, Alicia (2015): Radiografía social del medio ambiente en España. [Madrid] : Greenpeace. Descarga (PDF).
Perspectiva del Patrimonio Mundial de la UICN 2014 : evaluación sobre la conservación de todos los sitios naturales del Patrimonio Mundial. (2015). Gland, Suiza : Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza y de los Recursos Naturales. Descarga (PDF).

Impactos no medio ambiente


Desengancharse del plástico : problemas de un material ubicuo (2015). [Madrid] : Ecologistas en Acción. Descarga (PDF).

FONSECA MARTÍN, Emilio & BUCIÑOS, Uxía:  Queimar o monte. -- Televisión de Galicia. Ligazón. 

Xeoloxía


Hilario, A. (ed.) (2015): Patrimonio geológico y geoparques, avances de un camino para todos. Madrid : Instituto Geológico y Minero de España. Descarga (PDF).


Zooloxía


Enfermidades infecciosas emerxentes (EIE) : outra ameaza para os anfibios (2015). Santiago de Compostela : ADEGA : Sociedade Galega de Historia Natural ; [Madrid]: Asociación Herpetológica Española. Descarga (PDF).

El lobo en los medios : consejos de estilo  Palencia : Asociación para la Conservación del Lobo Ibérico , [2015]. Descarga. (PDF)
 

18 de marzo de 2014

Aromas do mundo

"Prestamos" o noso recuncho de ciencia para unha pequena exposición de aromas do mundo, enmarcada dentro do proxecto interdisciplinar "Somos diversos" e realizada polo grupo de traballo Kale/Kela. Velaquí tedes unhas fotos.