Amosando publicacións coa etiqueta CienciAtiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CienciAtiras. Amosar todas as publicacións

8 de febreiro de 2024

CienciAtiras (70): As árbores

Darwin e Mendel

"Mendel presentou os seus traballos nas reunións da Sociedade de Historia Natural de Brünn o 8 de febreiro e o 8 de marzo de 1865, publicándoos posteriormente como Experimentos sobre híbridos de plantas (Versuche über Pflanzenhybriden) en 1866 nas actas da Sociedade. Os seus resultados foron ignorados por completo, e tiveron que transcorrer máis de trinta anos para que fosen recoñecidos e entendidos." (na Galipedia)
Que non armaría Darwin se  soubese deles! 


de Carlos Ruas en Um sábado qualquer.

30 de xaneiro de 2021

CiencAtiras (60) : Cores

Unidade é igual a paz


En física, a combinación de cores dentro dun espectro é o branco. Por analoxía, unha unidade de diferentes culturas dá como resultado unha pomba de cor branca, que representa a paz.



de Zach.

24 de decembro de 2020

CienciAtiras (59): Cargando baterías

Camiño verde

Lembramos que o Nobel de Química 2019 foi para John Goodenough, Stanley Whittingham e Akira Yoshino, pola súa contribución ao desenvolvemento das baterías de ion litio, un paso fundamental para irnos liberando da dependencia dos  combustibles fósiles.


de Zach

14 de setembro de 2020

CienciAtiras (57) : Surfeiros

Ondas gravitacionais.

[Hai  cinco anos xustos, os científicos do experimento LIGO realizaron a primeira observación directa das ondas gravitacionais. Aínda esperarían até o 11 de febreiro para facelo público.]


de Marco de Angelis.

29 de agosto de 2020

CienciAtiras (56) : Solpor

Pacific

A ONU declarou o 29 de agosto como o Día Internacional contra os ensaios nucleares.
O 30 de xuño de 1946, os EUA ensaiaron unha arma nuclear no atolón Bikini. A esta seguiron varias probas máis. Moitas daquelas illas que formaron o Campo de Probas do Pacífico seguen contaminadas por chuvia radioactiva
de Marco de Angelis.

6 de agosto de 2020

CienciAtiras (55): Agora convertinme en morte

Deserto Manhattan

O 16 de xullo de 1945, detonouse a primeira bomba nuclear. Oppenheimer, un dos pais da bomba atómica, lembrou un verso do Mahabarhata:

"Agora convertinme en morte, a destrutora de mundos"

O 6 de agosto, a devastación chegou a Hiroshima.



de Ramiro Zardoya.