Amosando publicacións coa etiqueta 11 Febreiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 11 Febreiro. Amosar todas as publicacións

11 de febreiro de 2023

11 F : Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Como cada ano desde o 2015, celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que este 2023 ten como lema: Innovar. Demostrar. Elevar. Avanzar. Soster (I.D.E.A.S.). 
 

Con esta efeméride preténdese sensibilizar sobre o papel fundamental das mulleres, as nenas e a ciencia no logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS).

A salientar como novidade na celebración deste 2023 que se incluirá por primeira vez un taller de ciencia para nenas cegas, así como unha sesión sobre "Ciencia en Braille: Facer a ciencia accesíbel".


A seguir un vídeo producido polo ICTP (Instituto de Ciencia y Tecnología de Polímeros Servicio de Promoción y Divulgación de la Investigación) co obxectivo de dar a coñecer o traballo de mulleres científicas e motivar a futuras xeracións de mulleres a seguir os seus pasos:

9 de febreiro de 2021

11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 

O 11 de febreiro celebrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e malia as restricións derivadas da pandemia da COVID-19, sumámonos á conmemoración con diversas actividades coordinadas polo Departamento de Bioloxía:

 1.  Mesa redonda organizada polos centros singulares da USC: CiQUS, CIMUS, CiTIUS e IGFAE, coa participación de científicas de distintos ámbitos, que lles falarán ao alumnado do 1º do Bacharelato A de Ciencias das súas experiencias e dos seus traballos de investigación, así como das oportunidades de futuro. Coordina a profesora Natalia Fernández.

 2. “As ciencias escríbense en feminino”, unha xornada divulgativa en liña para conmemorar o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, organizada polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit, destinada ao alumnado do STEMBach (1º e 2º). Coordina a profesora Raquel Honrubia.

 

A maiores, propoñemos a toda a comunidade escolar ver as películas:

Figuras ocultas, que narra a historia de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA a principios dos anos sesenta no proxecto de poñer en órbita o astronauta John Glen, en plena carreira espacial, tendo como pano de fondo a loita polos dereitos civís dos negros estadounidenses.

Preme no cartel publicitario da película para ver o tráiler oficial da mesma:

Próxima, que narra a historia de Sarah, unha astronauta francesa que se adestra na Axencia Espacial Europea en Colonia, sendo a única muller dentro do esixente programa. Sarah vive soa coa súa filla de sete anos Stella, sentíndose culpábel por no poder pasar máis tempo coa rapaza. E cando Sarah é elixida para formar parte da tripulación dunha misión espacial de un ano de duración chamada Próxima, daquela prodúcese un afastamento na relación entre nai e filla.

Preme no cartel publicitario da película para ver o tráiler oficial da mesma:


 

11F. Encontro con Yolanda Pazos

Encontro con Yolanda Pazos no marco das actividades organizadas para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Evento organizado polo Departamento de Bioloxía e coordinado pola profesora Natalia Fernández.

6 de febreiro de 2020

O Encontro con Ana María Otero Casal, investigadora da USC

Ao fío da conmemoración do 11F, o mércores 5 de febreiro tivemos a sorte de contar coa investigadora da USC Ana María Otero Casal, que nos mergullou no arcano mundo da microbioloxía, logrando espertar as ansias de saber do alumnado.

De xeito moi ameno relatounos o seu labor de investigadora no campo do deseño de pensos funcionais e de crecemento para peixes e crustáceos, da causa da resistencia aos antibióticos, do deseño de medios nutritivos e técnicas de produción de microalgas en cultivo axénico, do Quórum Sensing en patóxenos multirresistentes e inhibidores da comunicación bacteriana, do desenvolvemento de novos antimicrobianos para o tratamento de enfermidades orais, de novos probióticos para a acuicultura etc.; demostrando a importancia presente e futura da Microbioloxía.

A seguir unha breve selección de fotografías do encontro e da exposición complementar:








30 de xaneiro de 2020

11F. Encontro con... Ana María Otero Casal

O 11 de febreiro celebrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e no marco das actividades a realizar no instituto o Departamento de Bioloxía programou un Encontro coa microbióloga Ana María Otero Casal, que impartirá o relatorio "Resistencia a antibióticos" ao alumnado de 4º de ESO e de Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato.



14 de febreiro de 2019