Estes vellos amigos fixéronnos compañía durante todo o mes de outubro.
Para a semana, empezamos a contarvos o toc-toc de novembro.
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos b>. Amosar todas as publicacións
3 de novembro de 2016
27 de maio de 2014
Toc - toca: ilusións ópticas
A información que procesa o noso cerebro é percibida polos órganos dos sentidos, entre eles a vista. Con esta actividade poñemos de manifesto que non sempre podemos confiar nas nosas percepcións visuais.
Na seguinte presentación tedes unha colección de ilusións ópticas seleccionadas polo Departamento de Matemáticas e algunha máis neste enlace.
O vídeo foi gravado e maquetado polas alumnas de Cultura Audiovisual.
Etiquetas:
Exposicións,
Toc-Toca Matemáticas,
Xogos
16 de abril de 2013
Toc-toca: o tangram
O Tangram ou Chi Chiao Pan (táboa da sabedoría) é un quebracabezas de orixe chinesa.
Consta de sete pezas ou "tans" que se obteñen cortando un cadrado en cinco triángulos rectángulos de diferentes tamaños, un cadrado e un trapecio.
O xogo consiste en usar todas as pezas para construír diferentes formas.
Un paradoxo do tangram
Unha curiosidade que atopamos no tangram é a existencia de varios pares de figuras moi semellantes. Como é obrigado, constrúense utilizando todas as pezas, pero acontece que a única diferenza aparente entre elas consiste en que nos parece que a unha lle falta unha peza.
![]() |
|
|
Un conto
![]() |
|
|
28 de marzo de 2013
Arvind Gupta: un toc-toqueiro de sete estalos
![]() |
| Arvind Gupta, na wikipedia |
Reutilizando os refugallos da sociedade de consumo e aplicando principios científicos, crea xoguetes que condensan ciencia, creatividade e solidariedade.
Neles, como case sempre, o principal é o proceso de creación (a compresión dos principios que os inspiran?), aínda que o resultado (podedes probar) resulta gratificante e anima a seguir.
Arvind Gupta, desde o seu sitio na Rede, agasállanos co se traballo, ben en fotos, ben en vídeos en múltiples idiomas, entre eles o castelán.
Vaian dous vídeos a modo de exemplo:
Como facer un tornado
Un freado magnético
Neste vídeo Arvind Gupta cóntanos cousas ben interesantes de si mesmo:
4 de febreiro de 2013
Toc-toca: Xogos de estratexia
Dentro da iniciativa Toc-Toc A Ciencia, o departamento de matemáticas propúxonos cinco xogos de estratexia. É un xeito de tocar as matemáticas (tamén cos dedos).
As
partidas destes xogos requiren pouco tempo e as regras son simples.
Trátase de dúas condicións necesarias para poderen practicarse no recreo
ou noutros ocos do horario.
Os alicientes pedagóxicos sitúanse na procura da estratexia gañadora e, nalgúns casos, o desenvolvemento da visión espacial.
Conclusión: unha actividade barata, dinámica e produtiva.
As
partidas destes xogos requiren pouco tempo e as regras son simples.
Trátase de dúas condicións necesarias para poderen practicarse no recreo
ou noutros ocos do horario.
Os alicientes pedagóxicos sitúanse na procura da estratexia gañadora e, nalgúns casos, o desenvolvemento da visión espacial.
Non nos sorprendeu que a acollida fose excelente. Sempre resulta así cando propoñemos este tipo de actividades.
Neste
caso, imprimimos, sobre papel autocolante, os taboleiros (redeseñados co
logo de Toc-toc A Ciencia) e as fichas, e colámolos sobre táboas.
Vaia, tamén Bea e Cudeiro tiveron que facer algo de marquetería...! Ao tempo, fixemos
unha dobre impresión das regras: unha tamaño folio e outras (de a catro
por folio) para que quen quixese puidese levar aquela(s) do seu
interese.
Conclusión: unha actividade barata, dinámica e produtiva.
Un libro: Ballesteros Alonso, Severino (2005): Juegos de mesa del mundo. CCS. Madrid.
Un PDF (para descargar): Seminario Permanente Pentalfa (2005): Xogos de taboleiro do mundo. Cariño. [Excelente traballo realizado por compañeiros do CEIP Manuel Fraga]
Unha páxina web: http://detablero.com/juegos/
(Graciñas a Cristina e Tania polas fotos)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







