Amosando publicacións coa etiqueta Día da Ciencia en galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Ciencia en galego. Amosar todas as publicacións

4 de novembro de 2022

XIII Día da Ciencia en Galego

Un ano máis conmemoramos o Día da Ciencia en Galego, ao abeiro do cal novembro pasou a ser o Mes da Ciencia en Galego, co obxectivo de normalizar o uso do galego no ámbito da divulgación científica.


Ao fío de tal conmemoración, o Instituto Galega de Ciencia (Igaciencia) propuxo dedicarlle dito Mes da Ciencia a Evaristo Galois e á galega Ángeles Alvariño González.

Wikipedia.org

A elección da zoóloga e oceonógrafa e galega Ángeles Alvariño González veu motivada por ser unha das pioneiras en Galicia e en España na Oceanografía biolóxica, e por describir vinte e dúas novas especies de zooplancto mariño e ser considerada unha autoridade mundial en tres grupos de organismos do mar, os quetognatos (Filum Chaetognatha), os sifónoforos (Orde Siphonophora) e as hidromedusas (da Clase Hydrozoa).

mujeresconciencia.com
 

3 de novembro de 2019

Día da Ciencia en Galego

Como todos os anos, e xa van dez, o 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, e ao fío deste evento non está demais lembrar que o pasado 8 de outubro se celebrou o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Tomás Batuecas Marugán, estremeño que situou Galicia no mapa do cálculo das masas atómicas. [Ler más na páxina da RAGC]


E tal como deita a web divulgaccion.org "non é casualidade que a RAGC decidise dedicar o Día da Ciencia en Galicia á figura de Tomás Batuecas Marugán. E isto é así porque este personaxe, primeiro catedrático de Química Física na Universidade de Santiago, estivo moi ligado á IUPAC durante as tres décadas que foi profesor en activo da nosa universidade, e porque coa súas investigacións sobre masas atómicas permitiu mellorar a información sobre os elementos químicos da Táboa Periódica.


Foto ragc.gal

A este respecto, hai que lembrar que estamos a celebrar o Ano Internacional da Táboa Periódica e que o noso centro se sumou ás actividades que se están a celebrar construíndo a nosa particular táboa periódica que poderemos contemplar de novo nos próximos días como ramo a tal celebración, xunto coa exposición "Entre moléculas" do CISC.
No Toc-Toc-A-Ciencia e na Marela podedes informarvos sobre a nosa Táboa Periódica.

1 de novembro de 2017

As viaxes científicas


A ONU declarou 2017 Ano Internacional do Turismo Sostible. Foi unha excelente idea adaptalo, entre nós, como 2017 Viaxes pola Ciencia.

IGACIENCIA explícanos as razóns e as propostas:
  • Conmemorar a viaxe do Beagle
  • Conmemorar as viaxes de Domingo Fontán para elaborar a Carta xeométrica.
  • Reivindicar o Camiño de Santiago como modelo de viaxe sostible.
  • Realizar actividades coa tecnoloxía viaxeira, como o GPS, SIX...
  • Implicar a outra materias no Ano internacional.
Actividades sinxelas, eficaces e non careiras que nos propoñen son:
  • Manexar o GPS. Entender o sistema de coordenadas GPS e os sistemas de visualización xeográfica como GoogleMaps ou Openstreetmaps.
  • Experiencias relacionadas coa orientación. Recrear os primeiros compases cunha agulla imantada sobre unha cortiza flotando nun recipiente con auga.
  • Expoñer no centro educativo a serie de carteis sobre Darwin e a Evolución.
  • Parcicipar no concurso de actividades con GPS.
  • Buscar en novacarta.eu as paisaxes e os miradoiros do norte de Galicia que os fan famosos. .