8 de maio de 2015

Breve crónica (persoal) da Olimpíada matemática.

Por Paula Martínez López e Celia Pedreira

O día 23 de abril, collemos un taxi rumbo a Ourense. Iamos tres rapazas, tres rapaces e Ángeles, a nosa profe.

Canda chegamos, faltaba un pouco para empezar e a profe convidounos a tomar algo nun bar de por alí, é moi boíña.
Despois xa eran horas de entrar na aula. Sentamos todos xuntos e mirabamos uns para os outros, un pouco asustados, porque pasaramos os recreos comentando o teorema de Pitágoras e ninguén o entendía. Pero a nosa sorpresa foi grande cando nos entregaron o exame, non preguntaba nada sobre iso, e menos mal!!!


O primeiro exercicio non nos saía e intentamos copiar, pero non houbo maneira.

Cando todos entregamos, saímos e contámoslle á profe as cousas que nos saíran e as cousas que non, e despois chamáronnos para recoller un diploma pola participación. Ao acabar, volta para Lalín!

A verdade é que, ao principio, non queriamos ir, pero despois pasámolo moi ben e rimos moito. Foi unha boa experiencia que volveriamos repetir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario