A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou 2015 como o Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz. Non é casualidade que se escollese precisamente este ano. E a razón non é outra máis que a conmemoración de diversos aniversarios: os traballos no campo da óptica realizados en 1015 por Ibn Al-Haytham, a natureza ondulatoria da luz proposta por Fresnel en 1815, o 150 aniversario da síntese electromagnética de Maxwell, o centenario da teoría xeral da relatividade de Einstein e as achegas de Charles Khao en 1965 sobre o emprego da fibra óptica nas comunicacións.
Estanse a realizar actividades de divulgación en todo o mundo, e en Galicia en particular, coa finalidade de achegar á sociedade a importancia da luz a as súas tecnoloxías na vida diaria e fomentar vocacións científicas.
No noso instituto quixemos contribuír tamén cunha actividade conxunta a cargo dos departamentos científico tecnolóxicos dentro da liña Toc Toc a Ciencia. Velaquí tedes unhas fotos do traballo realizado.
No centro o trío:
[Notaredes que Don Albert ten un cadro a maiores. Tratase da reprodución da obra de Míra Szabotin, alumna do ELTE Apáczai Csere János Gyakorlógimnazium de Budapest, que nola envía a través do seu profesor, István Basa].
Á dereita, gañadores e finalistas do noso concurso de fotos científicas e textos e, virando un pouco máis, as mellores imaxes do Hubble, segundo The Guardian, cos textos de Robin McKie traducidos do inglés pola nosa xente de 2º de BAC B, cos carteis explicativos do funcionamento dun telescopio.
[O telescopio, aí do medio, non é o Hubble: é o noso... e querémoslle]

Á esquerda atopamos uns carteis co fundamento teórico dun láser, un resumo dalgunhas das súas aplicacións prácticas e un proxecto, realizado polo alumnado de 4ºA na aula de tecnoloxía, que consiste na transmisión de son na luz do láser.
Á dereita, un estudo comparativo dos distintos tipos de lámpadas do mercado en canto a consumo enerxético e luminosidade ofrecida. Podedes comprobalo vós mesmos prendendo o interruptor.
[Un dos nosos alumnos consultando por que teñen esas cores tan vistosas os fogos de artificio e como se pode medir a velocidade dunha onda electromagnética. Isto tentámolo na clase de física de 2º de bacharelato e... saiu á segunda ou á teceira, iso si, deixamos un cheiro a regalicia queimada para os que viñeron despois.]
Un chisco máis alá, no recanto, os microscopios ópticos, os carteis que explican o seu funcionamento, varias mostras para observar con eles e un modelo anatómico do ollo humano, co seu correspondente cartel para recordar o mecanismo da visión e a percepción das cores.
De momento non hai máis aínda que o ano é longo e se cadra, antes de que remate, argallamos outra cousa.
Engadimos (8-5-2015), o custionario-guía elaborado polo alumnado de PDC:
Engadimos (8-5-2015), o custionario-guía elaborado polo alumnado de PDC:
Ningún comentario:
Publicar un comentario