Xa tardabamos demasiado en agradecer o enorme traballo que a Asociación de tradutores galegos fai pola nosa lingua. Tamén é certo que, dentro do catálogo de obras que poñen á nosa disposición, non abundan as lecturas de ciencia (nada diferente do que sucede no noso mundo editorial).
Para os afeccionados á ciencia, nada mellor que o Arenarius de Arquímedes, en tradución de José Nicanor Alonso Álvarez e Miguel Ángel Mirás Calvo, como presentación de BIVIR.
O "Arenarius", de Arquímedes, trátase probablemente do libro de
divulgación científica máis antigo da historia. Nel, Arquímedes
explícalle ao rei Gelón II, tirano de Siracusa, como, contrariamente ao
que a xente pensa, o número de grans de area que se precisan para encher
o Universo, é finito. Para iso debe, tras estimar o tamaño do Universo,
establecer un método que permita expresar números grandes (o sistema de
numeración grego non permitía expresar números superiores a cen
millóns).
Este texto conta tamén cun gran valor histórico, xa que nos informa dos
sorprendentes coñecementos astronómicos da época (comprobamos que non só
consideraban que a Terra era esférica, e non plana, senón que chegaron a
calcular o seu perímetro con grande exactitude, séculos antes de que
Colón pensara en chegar ás Indias circunvalando o globo). Ademais, temos
a primeira noticia na historia dun modelo heliocéntrico, anticipándose
máis de mil anos a Copérnico. [Presentación do libro en Bivir, Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego ]
Ningún comentario:
Publicar un comentario