Foto: Faro de Vigo / Xoán Álvarez |
E non podía faltar a foto de Noelia de 2º do Bacharelato do curso 2013-2014:
Copyright : IES Aller Ulloa |
Foto: Faro de Vigo / Xoán Álvarez |
E non podía faltar a foto de Noelia de 2º do Bacharelato do curso 2013-2014:
Copyright : IES Aller Ulloa |
Sofía chegou ao IES Aller Ulloa no 2009, dentro dunha promoción da que algúns só temos recordos imborrables. Algún que outro xa pasou por estas páxinas e seguro que todos deberían estar, por varias e boas razóns. E aquí están...
A foto de Sofía collémola de La Voz, pero a foto de Sofía da xente coa que compartiiu os seus anos no instituto vén directamente da memoria. 12 anos tería(n), 12 anos pasaron. O sorriso fíxose máis grande, e iso emociona.
O éxito pola intelixencia posta ao servizo do esforzo é unha aprendizaxe de moitos anos. Esta foto de aquí abaixo recolle, quizais, uns comezos; a foto de arriba unha etapa máis cara ao que só agardamos que sexa o mellor do mellor. Parabéns, Sofía.
Un ano máis a entrada do instituto énchese de maquetas de células eucariotas, animais e vexetais, realizadas polo alumnado de 1º da ESO, baixo a coordinación da súa profesora Charo Fernández.
O obxectivo da actividade é que os rapaces e as rapazas do primeiro curso vaian aprendendo as diferentes partes das que consta esta célula, así como a súa forma, e para iso nada mellor que elaborar unha reprodución usando como base esferas de poliestileno ou láminas de cortiza. Despois toca ir reproducindo o núcleo, a membrana, o aparato de Golgi, as mitocondrias... E aquí a imaxinación de cada quen permitiulle botar man de plastilina, goma eva, gominolas, lacasitos e todo o que tivesen a man.
A Carlos, un mozo de dezaseis anos, diagnostícanlle leucemia...
ANFANION (Asociación de familias de niños con cáncer de Castilla - La Mancha) encargoulle a Ciro-Rosell un cómic dirixido a adolescentes sobre o cancro. O resultado foi Una carrera de obstáculos que trata de responder aos múltiples conflitos e interrogantes que iso orixina.
Aquí mesmo o podedes descargar en PDF.
Lembra que na biblioteca temos unha boa selección de títulos de BD sobre o cancro.
O alumnado de Cultura Científica (4º da ESO), coordinado pola súa profesora Charo Fernández Blanco, promoveu unha campaña de doazón de medula ósea entre o alumnado do centro.
2. Nunha segunda fase, foron informando polas aulas para facer chegar á rapazada as condicións para poder ser doador.
Denís Iglesias e Adrián Llinares, dirixidos pola profesora Natalia Fernández, son os nosos olímpicos destacados na fase autonómica da Olimpiada Española de Biología. Seleccionados na primeira proba telemática, irán mañá á facultade de Ciencias da UDC, acompañados polo noso Vicedirector Santiago Cerviño, para afrontar a proba definitiva.
Denís e Adrián |
Ao fío da visita, dous dos alumnos do STEM achegáronnos a seguinte reflexión:
"A actividade resultou moi interesante ao non poder facer uso no laboratorio do noso instituto destas técnicas coas que puidemos observar a actuación de bacteriófagos en disolucións con bacterias. Ao mesmo tempo, puidémonos facer unha idea aproximada do que é a vida na Universidade, e ata accedemos ao interior dos edificios das Facultades de Bioloxía e Medicina"
Marta García e Adrián Llinares, 2º Bac. A
Así, alumnado de 2º e 4º da ESO e 1º do Bacharelato puido asistir este martes a unha conferencia online, no marco da Semana da Muller e a Nena na Ciencia que tivo como protagonista á asociación Aseica mujer que nos presentou o programa "Conócelas", permitíndonos deste modo coñecer a dúas investigadoras que nos contaron a súa experiencia no ámbito do traballo e nos mostraron como é o camiño para chegar a ser unha investigadora hoxe en día, para iso, remontáronse aos seus estudos no IES, ao seu paso pola Universidade, á tese doutoral e aos posteriores traballos xa no ámbito da investigación, achegándonos as súas vivencias neste último aspecto. Así:
Inés Martínez Penas mostrounos como contribúe á investigación contra o cancro desde o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.
Ana Belén Dávila ensinounos como as nanopartículas poden axudar a que os medicamentos actúen só sobre os tumores sen danar as células boas.
Podedes consultar máis información sobre este programa na súa páxina web: https://www.aseica.es/aseica-mujer-lanza-conocelas
Mar Espinosa, profesora de Química.