29 de maio de 2015

A cámara escura en 1º ESO

Faltábanos a cámara escura, no Ano internacional da luz, e aquí a está.

A experiencia realizouse nas aulas de 1º de ESO,  baixo a dirección do Departamento de Debuxo e de Xulia Ferradás (alumna de máster de profesorado) e co apoio do alumnado de 1º BAC de Artes.



_

8 de maio de 2015

Breve crónica (persoal) da Olimpíada matemática.

Por Paula Martínez López e Celia Pedreira

O día 23 de abril, collemos un taxi rumbo a Ourense. Iamos tres rapazas, tres rapaces e Ángeles, a nosa profe.

Canda chegamos, faltaba un pouco para empezar e a profe convidounos a tomar algo nun bar de por alí, é moi boíña.
Despois xa eran horas de entrar na aula. Sentamos todos xuntos e mirabamos uns para os outros, un pouco asustados, porque pasaramos os recreos comentando o teorema de Pitágoras e ninguén o entendía. Pero a nosa sorpresa foi grande cando nos entregaron o exame, non preguntaba nada sobre iso, e menos mal!!!


O primeiro exercicio non nos saía e intentamos copiar, pero non houbo maneira.

Cando todos entregamos, saímos e contámoslle á profe as cousas que nos saíran e as cousas que non, e despois chamáronnos para recoller un diploma pola participación. Ao acabar, volta para Lalín!

A verdade é que, ao principio, non queriamos ir, pero despois pasámolo moi ben e rimos moito. Foi unha boa experiencia que volveriamos repetir.

5 de maio de 2015

Publicacións en liña sobre medio ambiente.


O servizo de novidades do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga do CEIDA sempre nos proporciona información valiosa. Nos envíos correspondentes ao mes de marzo e abril, inclúense como sempre publicacións en liña de consulta/descarga gratuítas.

Estas son as que seleccionamos:


MORAL, Juan Carlos del [ed. lit.] (2013): Atlas de las aves en invierno en España, 2007-2010
Descarga.


VÁZQUEZ PUMARIÑO, Xabier & ROMAY COUSIDO, Cosme Damián (2014): Aves da cidade de Pontevedra. Pontevedra. Concellaría de Parques e Xardíns.
Descarga.


PARDO DE SANTAYANA, Manuel [ed. lit.] (2014): Inventario español de los conocimientos tradicionales relativos a la biodiversidad : primera fase : introducción, metodología y fichas. Madrid: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.
Descarga.


Lugares a restaurar para frenar la pérdida de la biodiversidad . Madrid : SEO/Birdlife, [2014]
Descarga.

PÉREZ RODRÍGUEZ, Ramsés [et alt.] (2014 ): Manual de custodia fluvial. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Santiago de Compostela: Proxecto Ríos.
Descarga.

MORENO, Violeta (2013): Valoración de los costes de conservación de la Red Natura 2000 en España [Recurso electrónico]. Madrid: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
Descarga.

BOROBIO SANCHIZ, Manuel & MANEIRO CADILLO, Juan Carlos (2013): Estratexia galega acuicultura : guía de criterios de sostenibilidad e integración paisajística de los establecimientos de acuicultura litoral. Santiago de Compostela : Consellería do Medio Rural e do Mar: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Descarga.

Variedades autóctonas de tomates de Galicia [Recurso electrónico]. [Santiago de Compostela] : Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural e do Mar. [2014]
Descarga.

2 de maio de 2015

Toc - toca: 2015 Ano Internacional da Luz

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou 2015 como o Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz. Non é casualidade que se escollese precisamente este ano. E a razón non é outra máis que a conmemoración de diversos aniversarios: os traballos no campo da óptica realizados en 1015 por Ibn Al-Haytham, a  natureza ondulatoria da luz proposta por Fresnel en 1815, o 150 aniversario da síntese electromagnética de Maxwell, o centenario da teoría xeral da relatividade de Einstein e as achegas de Charles Khao en 1965 sobre o emprego da fibra óptica nas comunicacións. 
Estanse a realizar actividades de divulgación en todo o mundo, e en Galicia en particular, coa finalidade de achegar á sociedade a importancia da luz a as súas tecnoloxías na vida diaria e fomentar vocacións científicas.
No noso instituto quixemos contribuír tamén cunha actividade conxunta a cargo dos departamentos científico tecnolóxicos dentro da liña Toc Toc a Ciencia. Velaquí tedes unhas fotos do traballo realizado.

No centro o trío:


[Notaredes que Don Albert ten un cadro a maiores. Tratase da reprodución da obra de Míra Szabotin, alumna do ELTE Apáczai Csere János Gyakorlógimnazium de Budapest, que nola envía a través do seu profesor, István Basa].

Á dereita, gañadores e finalistas do noso concurso de fotos científicas e textos e, virando un pouco máis, as mellores imaxes do Hubble, segundo The Guardian, cos textos de   traducidos do inglés pola nosa xente de 2º de BAC B, cos carteis explicativos do funcionamento dun telescopio.





[O telescopio, aí do medio, non é o Hubble: é o noso... e querémoslle]
Á esquerda atopamos uns carteis co fundamento teórico dun láser, un resumo dalgunhas das súas aplicacións prácticas e un proxecto, realizado polo alumnado de 4ºA na aula de tecnoloxía, que consiste na transmisión de son na luz do láser.
Á dereita, un estudo comparativo dos distintos tipos de lámpadas do mercado en canto a consumo enerxético e luminosidade ofrecida. Podedes comprobalo vós mesmos prendendo o interruptor.




[Un dos nosos alumnos consultando por que teñen esas cores tan vistosas os fogos de artificio e como se pode medir a velocidade dunha onda electromagnética. Isto tentámolo na clase de física de 2º de bacharelato e... saiu á segunda ou á teceira, iso si, deixamos un cheiro a regalicia queimada para os que viñeron despois.]

Un chisco máis alá, no recanto, os microscopios ópticos, os carteis que explican o seu funcionamento, varias mostras para observar con eles e un modelo anatómico do ollo humano, co seu correspondente cartel para recordar o mecanismo da visión e a percepción das cores.




De momento non hai máis aínda que o ano é longo e se cadra, antes de que remate, argallamos outra cousa. 

Engadimos (8-5-2015), o custionario-guía elaborado polo alumnado de PDC: