20 de maio de 2020

CienciAtiras (51) : Máscara


Protección

O 20 de maio é o Día mundial das abellas, instituído pola ONU.
"Pesticidas, mudanças no uso da terra e monocultura são algumas das ameaças; abelhas contribuem para a segurança alimentar e são essenciais para conservação da biodiversidade; maioria das cerca de 30 mil espécies de abelhas são polinizadores." (Aquí).
Escolleuse este día en lembranza de Anton Janša.



de Gatis Sluka.

15 de maio de 2020

17 de maio: Se un parasito che come a lingua

... non te preocupes: seguirás vivindo igual.

Fonte
Ou iso é o que pasa cando ti es peixe e o parasito en cuestión é o Cymothoa exigua.

Non sei se advertircho porque, á fin e ao cabo, non ten moita importancia:


O tal cymothoa metéseche na boca e zúgache a arteria que lle proporciona sangue á lingua, ata que a propia lingua queda atrofiada e acaba por esborrallarse.


En chegando a ese punto, o condenado do cymothoíño (cymothoíña para ben dicir, xa que, polo visto, a estas alturas xa é femia, se é que xa non o era antes) asume as funcións da túa lingua e ti tan pancho. El (ela, máis ben) mantense co teu sangue e as túas mucosas, pero non lle toca ao teu alimento. Vamos, que te mantén vivo para que lle sirvas de despensa.


Neste vídeo (do que soubemos por Naukas) explícanche ben explicado este novo caso de glotofaxia:




[A verdade é que o crustáceo cymothoa aínda daría para un bo feixe de analoxías, alegorías e metáforas... A ver quen se anima!]

7 de maio de 2020

Nova definición de quilo

GCiencia informa de que "un quilo xa non é o que era. Dende hoxe, significa oficialmente algo diferente, despois de que o Boletín Oficial do Estado publicase a nova definición para a unidade de masa, que deixa de ser un cilindro metálico gardado nos sotos do Pavillón de Breteuil, preto de París"... 


E engade que "durante varias décadas, na escola ensinaban que a medida de referencia para o metro foi unha barra de platino e iridio depositada na Oficina de Pesos e Medidas de París. Esta definición chegou en 1889 para substituír á anterior: o metro era antes “a dezmillonésima parte do cadrante do meridiano terrestre que pasa por París”. Un galego, o matemático José Rodríguez, contribuíu cos seus estudos no século XIX a mellorar esa definición".