20 de marzo de 2019

Encontro con Jeannette Martínez: as fotos

O pasado venres 15 de marzo a investigadora da USC, Jeannette Martínez, charlou co alumnado de 4º de ESO sobre o cancro. Con ela aprendemos que o cancro é unha enfermidade multificatorial en cuxo desenvolvemento inflúen moito os nosos hábitos diarios. Algunhas das nosas ideas preconcibidas viñéronse abaixo a medida que ía avanzando nas explicacións.

Acompañouna Suso Martínez, quen nos ofreceu unha perspectiva diferente: a de paciente. Contounos que lle diagnosticaron a enfermidade con tan só vinte anos, e fixo fincapé na importancia da súa contorna persoal no proceso de curación.

Este encontro organizouse como complemento ao traballo de investigación bibliográfica que realizaron coa profesora Raquel Honrubia na materia de Cultura Científica. 

Velaquí algunha fotografía do evento.





No recanto do Toc Toc preparamos unha pequena exposición sobre o tema. 









15 de marzo de 2019

Día internacional de π


3,141592653589793238462643383279502884197169399375105820974944592307816406286208998628034825342117067982148086513282306647093844609550582231725359408128481117450284102701938521…

[Quen atope o erro, que avise]

11 de marzo de 2019

Con B de ciencia (8): Cancro


Con ocasión do encontro coa investigadora Jeanette Rodríguez Val, facémosvos algunha BD-suxestións sobre o tema do cancro.

¡SuperJ al rescate! son cadriños divulgativos de Jesús Sánchez Ruíz, publicados pola Fundación CRIS contra el cáncer. Sinxelos e moi didácticos.

Tamén na rede: Un día como hoy el cáncer de mama entró en casa, grazas á SESPM e Pfizer.

Hai un feixiño de obras que podedes atopar na nosa biblioteca e que se centran no xeito de enfrontaren a enfermidade os doentes e o seu círculo máis próximo.









8 de marzo de 2019

Encontro con Jeanette Martínez Val

O próximo venres 15, a partir das 8:50, na Biblioteca, celebraremos un encontro coa investigadora e profesora da Facultade de Veterinaria da USC (Campus de Lugo), do grupo de Xenética,  Jannette Martínez Val.


4 de marzo de 2019

Con B de ciencia (7) : Cara o cruz.



A representación de personalidades, caracteres, vicios e virtudes en forma de animais xa está presente nos primeiros relatos que lembramos. Na BD resúltanos especialmente familiar, desde Donald ata Maus, desde a Pantera Rosa a Blacksad...

Ese é o recurso ao que acode Lou Lubie en Goupil ou face (na tradución pérdese o xogo de palabras) e, como tantas veces, emprégao para dulcificar e mesmo -vaia paradoxo!- humanizar comportamentos ou episodios terribles. Neste caso, o que atopamos é parte da personalidade escindida da protagonista, a "parte escura", transformada nun raposo cunha extrordinaria capacidade de mutación e de sedución. Lou ten que descubrir ese fuxidío raposo (que pouca axuda lle prestan os psico-profesionais!) e, unha vez localizado, iniciar unha longa batalla que, ante a imposibilidade de  sucumbir un dos contendentes sen que o faga o outro, terán que resolver mediante un acordo.

Como facernos entender unha enfermidade mental? Como introducirnos nese mundo tan complexo e abstracto dos transtornos bipolares, ciclotimia e psico-cerellos  varios, sen vanalizar nin crear alarmismos?

Lou Lubie dános as respostas. Conségueo desde o recurso do raposo nunha narración conducida polo ton biográfico-confesional. Nela é quen de crear -a través do humor- unha sutil distancia entre nós e os momentos máis angustiosos e de proporcionarnos, moi ben dosificada, valiosa información científica, tanto a través da trama como dos atractivos esquemas e diagramas que, a xeito de digresións, incrusta na narrativa gráfica.

En definitiva, Cara o cruz: conviviendo con un transtorno mental  logra, con sobresaliente, ese difícil equilibrio entre narración / ficción, por un lado, e información / documentación por outra.

2 de marzo de 2019

XXXI CONGRESO ENCIGA: O vídeo.

Fran Otero e Manolo Conde editaron este vídeo-resumo do XXXI CONGRESO  ENCIGA.


Saudades daquelas douradas xornadas de novembro!