28 de marzo de 2013

Arvind Gupta: un toc-toqueiro de sete estalos


Arvind Gupta, na wikipedia
Arvind Gupta vén sendo un home orquestra da ciencia e da divulgación científica.

Reutilizando os refugallos da sociedade de consumo e aplicando principios científicos, crea xoguetes que condensan ciencia, creatividade e solidariedade.

Neles, como case sempre, o principal é o proceso de creación (a compresión dos principios que os inspiran?), aínda que o resultado (podedes probar) resulta gratificante e anima a seguir.

Arvind Gupta, desde o seu sitio na Rede, agasállanos co se traballo, ben en fotos, ben en vídeos en múltiples idiomas, entre eles o castelán.

Vaian dous vídeos a modo de exemplo:

Como facer un tornado


 


Un freado magnético



Neste vídeo Arvind Gupta cóntanos cousas ben interesantes de si mesmo:



4 de marzo de 2013

A fronteira da ciencia: Física no CERN

En 1949, o físico francés Louis de Broglie propuxo establecer un laboratorio europeo co fin de deter o éxodo de científicos de Europa aos Estados Unidos. Despois de varias conferencias da Unesco, o CERN (Conseil Européen pour la Recheirche Nucléare) é formalmente creado en Xenebra o 29 de setembro de 1954. Inicialmente son 12 os países membros, aos que se une España en 1961, aínda que deixa a organización dende 1969 ata 1983.
Son varios os aceleradores de partículas construídos neste complexo, entre eles o LHC (Large Hadron Collider) entre 2003 e 2008, e moitas as aplicación prácticas desenvolvidas despois de anos de investigacións.
Dos experimentos realizados espéranse obter datos satisfactorios que abrirán a porta ao coñecemento da orixe do Universo.

O CERN EN TRES MINUTOS








Na rede:

  • Sitio web do profesor Ramón Cid Manzano: Achegándonos ao LHC

  • Páxina web oficial do CERN


  • Na biblioteca:

  • Fernández Vidal, Sonia (2012). Quantic Love. Ed. La galera.

  • Casas, Alberto (2009). El LHC y la frontera de la Física
  • . Ed. CSIC y Catarata.

    3 de marzo de 2013

    Catorce anfibios, vinte e seis réptiles


    Hai un mes, o 3 de febreiro, a Sociedade Galega de Historia Natural, deu por finalizada a primeira actualización do Atlas de Anfibios e Réptiles de Galicia (SGHN, 2010).

    A última ficha incorporada foi a da Vípera seoanei (Lataste, 1879), dedicada precisamente ao recoñecido naturalista galego Víctor López Seoane (1832-1900):


      
    Aínda que o mellor é que vaiades á propia páxina da Sección de Herpetoloxía da SGHN, tamén podes consultar as súas fichas desde aquí:

    CLASE: AMPHIBIA


    CLASE: REPTILIA



    Graciñas, boa xente da Sociedade Galega de Historia Natural!!!

    2 de marzo de 2013

    Toc-toca: Amidón por xamón!!!


    Vai unha de bioquímica aplicada. Hai alimentos que conteñen amidón e alimentos que non o deberían conter. Non necesitamos de todo un laboratorio para sabérmolo. Abondan un pasos ben sinxelos e un material que normalmente temos nas casas.



    O amidón non fai mal. Simplemente se trata de sermos conscientes de que nos poden dar gato por lebre. Compramos xamón ou embutido? Pois iso é o que nos teñen que dar e que indicar.
    Agora que sabemos que pode non ser así, debémonos fixar no etiquetado. Non paguemos amidón por xamón!