26 de outubro de 2020

Con B de Ciencia (9) : Un planeta, un desafío

A COVID19 desde o reto sanitario.

Wendy Hao, unha médica de vinte e oito anos, acode voluntaria a Wuhan, para loitar en primeira liña contra a COVID19. Ela, a enfermeira xefe Jane e o doutor Li serán o fío condutor desta BD que, no se empeño por divulgar con corrección científica as múltiples frontes de combate que os profesionais sanitarios teñen que encarar na súa guerra contra a gran pandemia, toma como referencia o Manual de prevención e tratamento da COVID19 seguido pola sanidade chinesa.

O Gen Z Group facilítanos esta obra debuxada por Revolver e traducida ao castelán por Juan Antonio Prieto Velasco. Nas ligazóns de abaixo podes descargar (en PDF) cada un dos capítulos.

Capítulo I

Capítulo II

Capítulo III

Capítulo IV

Capítulo V

Se queres información cualificada sobre a obra, non dubides en acudir a medicinagráfica.com, sitio que consultamos asiduamente e no que atopamos esta BD.


23 de outubro de 2020

Proxecto Física Nuclear. Exposición-homenaxe a Ana Reboiro.

Desde o 27 de outubro ao 9 de novembro no vestíbulo do instituto poderemos desfrutar da exposición "Proxecto Física Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura". Exposición-homenaxe á coordinadora do proxecto, Ana Reboiro.


Co gallo do 75 aniversario do lanzaamento das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, a Biblioteca e o Departamento de Física e Química en colaboración interdisciplinar con outros departamentos puxo en marcha o Proxecto Física Nuclear. 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura, coordinado pola profesora de Física Ana Reboiro.

A exposición e actividades complementares deberían terse celebrado en abril, mais a suspensión da actividade lectiva presencial debido á COVID-19 pospuxo a mesma. Facémolo agora pero coas restricións derivadas do protocolo anti-covid-19 para o curso actual. 

Sirva esta exposición como homenaxe ao intenso labor que durante 12 anos desenvolveu entre nós a compañeira Ana Reborio, unha das promotoras do espazo Toc-TocA Ciencia. Mágoa da súa marcha.

 A seguir o Catálogo da exposición:


Como vemos no Catálogo, na exposición podemos contemplar, entre outros traballos realizados durante o curso 2019-2020, carteis alusivos ás aplicacións da física nuclear, á simulación dunha desintegración radioactiva (realizados por alumnado de CuCi de 1º Bac.), á explicación da física que hai detrás das obras de Dalí do período atómico (tarefa realizada por alumnado de 3º ESO), ás investigadoras en Física nuclear (exposición da UAB) con tríptico de seguimento, á carta de Einstein e Szilard a Roosevelt, á selección de fotografías de científicos implicados no Proxecto Manhattan, á aproximación histórica ao conflito, ao eixe temporal desde Becquerel ata a primeira reacción de fisión en 1938, a poemas de temática nuclear, fotos das maquetas realizadas sobre a fisión e a fusión nuclear, á maqueta do mapa de España coas centrais nucleares...

Fóra da exposición polas medidas protocolarias anti-covid-19 quedan, entre outras actividades desenvolvidas, a maqueta en madeira coa situación das centrais nucleares españolas (sen rematar),  as maquetas sobre a fisión e a fusión nuclear, o Encontro con, a selección bibliográfica da biblioteca...

Desde a Biblioteca e en nome de Ana moitas grazas a todo o alumnado e profesorado colaborador no Proxecto.

E deseguido unha breve reportaxe gráfica sobre a exposición con alumnado participante no Proxecto:

 















A salientar o simulacro do lanzamento das bombas atómicas sobre Lalín:




4 de outubro de 2020

Schrödinger: non era o gato, era a caixa


É probable que o animal máis famoso da física sexa o gato de Schrödinger. Vivo ou morto? Depende. Esa resposta levou a moitos a tiraren de tópico e reivindicaren as orixes galegas do gato. Depende.

Santiago, 1934: Conferencia de Shrödinger co atril sobre a caixa (o gato está dentro).

Este verán e grazas ao arquivo de El Correo Gallego, ao que percence a foto, sabemos que a chave da galeguidade do paradoxo non estaba no felino, senón na caixa: unha caixa de madeira do país para transportar gasosas do país. Velaí a certeza (do país, claro).

Botádelle un ollo a esta crónica de Manuel Rei en GCiencia ou a esta de Iolanda Casal en Cultura galega,  tamén ao artigo de Cibrán Santamarina no mesmo portal.