28 de febreiro de 2013

Unha mirada distinta

A ver se adiviñades? Desde que nos veu ver por primeira vez, xa visitou a maior parte dos nosos. Faltáballe este. Poderiámolo traer a propósito de Darwin,  de Einstein, do medio ambiente ou da tecnoloxía... 

...pero vistos os seus vídeos da serie Quer que desenhe? ... a ver que vos parece?


O universo

Para entender melhor a nossa insignificancia no universo.
- Quando eu digo que o universo possui mais de 7 trilhões de galáxias, envolvo galáxias, galáxias grandes e galáxias anões.



A relatividade

 Uma introdução a questão do tempo ser relativo.


 

A selección natural

Criei esse video para ensinar de uma maneira bem simples como funciona a seleção natural. 


 

O átomo 

Uma breve explicação sobre o Átomo. Animação: Carlos Ruas / Texto: Julie Frota. 



 Certo, trátase de Carlos Rúas, o de Um sábado cualquer.

27 de febreiro de 2013

Toc-toca: Reaccións químicas vistosas


Toca Química outra vez! Hoxe fixemos unhas sinxelas reaccións químicas, algunha mesmo a podes repetir na túa casa. Cristian e Iván de 4ºB explicáronnos todo o proceso.



REACCIÓN DE PRECIPITACIÓN DO IODURO DE CHUMBO (II)

COMO AFECTA O VINAGRE NA DESCOMPOSICIÓN DA CASCA DE OVO?

26 de febreiro de 2013

Toc-toca: Sistemas electrónicos con sensores

Pois non houbo grandes queixas, máis ben todo o contrario: a xente atopoulle chiste a iso de "producir un sinal de saída capaz de provocar un efecto no contorno".

Sensores de temperatura, luz, posición, ruído, humidade, presión, contacto... producían o sinal.

Como digo, todo ben, agás cando o sinal era o sonoro, é dicir, un zunido que semellaba furar nos tímpanos de quen pasaba e facía as delicias dalgún animaliño que ata entón non lle atopara o seu aquel á electrónica.





Polo demais, vaian os nosos parabéns a Xabier. Aquel  taboleiro cheo de cables e chismes, coa súas primitivas mans de Frankenstein, foi moi admirado polos do bacharelato artístico. Vaia artistada! Por fin entenderon o da "arte povera"...

Tamén é certo que isto é Toc-toc A Ciencia e que, na que vai, pouca máis ciencia restará que a "scienza povera"



14 de febreiro de 2013

Miles de millóns de estrelas e unha gota de tinta



Unha gota de tinta no ceo luminoso
 
Miles de millóns de estrelas é o que nos mostra o instrumento Wide Field Imager, instalado no telescopio MPG/ESO de 2,2 metros (situado no Observatorio La Silla de ESO, en Chile), da ESO.

Esta parte da constelación de Sagitario (O Arqueiro) é un dos campos de estrelas máis ricos de todo o ceo — a Gran Nube Estelar de Saxitario. O gran número de estrelas que ilumina esta rexión dá énfase ao negrume de nubes escuras como Barnard 86, que aparece no centro desta imaxe

Se queres saber quen a bautizou como "Unha gota de tinta no ceo luminoso" e ler algo máis sobre o tema, preme aquí.

E non deixes de explorar todo o sitio do ESO, Observatorio europeo austral.




4 de febreiro de 2013

Toc-toca: Xogos de estratexia

 Dentro da iniciativa Toc-Toc A Ciencia, o departamento de matemáticas propúxonos cinco xogos de estratexia. É un xeito de tocar as matemáticas (tamén cos dedos). 


As partidas destes xogos requiren pouco tempo e as regras son simples. Trátase de dúas condicións necesarias para poderen practicarse no recreo ou noutros ocos do horario.


Os alicientes pedagóxicos sitúanse na procura da estratexia gañadora e, nalgúns casos, o desenvolvemento da visión espacial.

Non nos sorprendeu que a acollida fose excelente. Sempre resulta así cando propoñemos este tipo de actividades.

Neste caso, imprimimos, sobre papel autocolante, os taboleiros (redeseñados co logo de Toc-toc A Ciencia) e  as fichas, e colámolos sobre táboas. Vaia, tamén Bea e Cudeiro tiveron que facer algo de marquetería...! Ao tempo, fixemos unha dobre impresión das regras: unha tamaño folio e outras (de a catro por folio) para que quen quixese puidese levar aquela(s) do seu interese.








Conclusión: unha actividade barata, dinámica e produtiva.

Das referencias que empregamos, seleccionámosvos estas tres:
Un libro: Ballesteros Alonso, Severino (2005): Juegos de mesa del mundo. CCS. Madrid.

Un PDF (para descargar): Seminario Permanente Pentalfa (2005): Xogos de taboleiro do mundo. Cariño. [Excelente traballo realizado por compañeiros do CEIP Manuel Fraga]

Unha páxina web: http://detablero.com/juegos

(Graciñas a Cristina e Tania polas fotos)