30 de maio de 2021

Pandemias : o libro

 


E non podía faltar o libro sobre o Proxecto Pandemias:

Pandemias : a exposición

Xa podemos ver a exposición Pandemias no recibidor do instituto, que nos achega información escrita e visual sobre a pandemia actual e as medidas de prevención xerais, así como das trolas que hai arredor das vacinas e do que redes socias como Instagram reflicten ao respecto; ademais dunha recreación dos virus en maquetas, de murais informativos, dun percorrido polas máis sobranceiras pandemias da historia, do reflexo na literatura da problemática das doenzas en xeral e, por último, unha recreación artística das pandemias ou enfermidades en xeral.
Parabéns ao alumnado participante e ao profesorado coordinador do proxecto: María Armada, Mar Espinosa, Luís Guitián, Raquel Honrubia, Uxía Nogueira, Marta Otero e Alba Payo.
A seguir unha reportaxe gráfica da exposición do noso fotógrafo oficial Carlos:





 E o vídeo Lavado de mans correcto, realizado por alumnado de 2º FPB.

 


29 de maio de 2021

Encontro con José Palacios Aguilar : o acto

O venres, 28, tivo lugar o programado Encontro co doutor en Educación Física José Palacios Aguilar do alumnado de 4º da ESO de Bioloxía. O relatorio-obradoiro serviu para adestrar o alumnado en RCP e primeiros auxilios. Desenvolvéndose as dúas sesións dun xeito áxil e ameno e con total implicación do alumnado.

A organización e coordinación do Encontro correo a cargo de Raquel Honrubia, quen nos achega a seguinte reflexión:

Foi unha actividade moi práctica, penso que non lles deu tempo a se aburriren. O obradoiro comezou coa explicación da cadea de salvamento, facendo partícipe o grupo, e logo, pasouse á práctica, centrándose bastante na RCP e insistindo na importancia de que a reanimación fose de calidade (mesmo trouxeron manequíns con sensores que avaliaban a calidade da comprensión e descomprensión e, por suposto, tamén o ritmo). A maiores, puideron ver como se coloca un desfibrilador, e remataron practicando a manobra de  Heimlich (isto gustoulles bastante, porque como son xente teatreira, aproveitaron para representar a afogamento). Ambos grupos estiveron moi atentos, e participaron con preguntas moi interesantes. Paréceme que foi boa idea ter organizado este obradoiro. 

A seguir unhas fotos do encontro-obradoiro:
 



 

 

28 de maio de 2021

Galiciencia 2021

 

Unha vez máis o noso centro presenta proxectos ao certame científico Galiciencia que se desenvolve en liña, neste caso son tres os proxectos presentados na categoría de Secundaria:

Aquí tedes os vídeos de presentación dos proxectos que tamén podedes ver en liña premendo nos enlaces:

1. Os riles , máquinas perfectas, proxecto presentado polas alumnas de 1º do Bacharelato Aroa Fernández Fernández e Noa Fernández Iglesias, coordinadas pola profesora Natalia Fernández.

2. Teiki. 2.0. Sistema automatizado de pedidos, proxecto realizado polas alumnas de FP Laura Cancela Castro e Andrea Estefanía Solís Iglesias, coordinadas polo profesor Antonio Javier Lozano Formoso.

3.  Sillu. Sistema de vixilancia para o gando, proxecto desenvolvido pola alumna Ann Jolie Lourido Pose e o alumno Adrian Hermida Rozas, coa coordinación do profesor Antonio Javier Lozano Formoso.

Parabéns e moita sorte.

27 de maio de 2021

Exposición : Pandemias

 A partir deste xoves, 27, poderemos ver no vestíbulo do instituto a Exposición Proxecto Pandemias, iniciativa interdisciplinar que nos achega información de forma moi atraente e sintetizada sobre o mecanismo de infección do SARS COV2 e as medidas de prevención xerais. Así mesmo poderemos informarnos das trolas que hai arredor das vacinas e do que as redes socias como Instagram din a respecto das pandemias. Complétase o proxecto cunha recreación dos virus en maquetas, con murais, cunha visión das máis sobranceiras pandemias da historia, do reflexo na literatura da problemática das doenzas en xeral e, por último, unha máis que interesante proposta de recreación artística das pandemias ou enfermidades en xeral. 
Claro é o obxectivo de concienciar o alumnado do coñecemento da problemática e de que sexa activo partícipe da dinámica solidaria.


Presentación dos traballos de investigación do STEMBACH

O alumnado de 2º do STEMBACH ponlle o ramo ao curso coa presentación dos seus traballos de investigación. Moita sorte e moitos parabéns.


24 de maio de 2021

II Concurso Ilustración Científica

 Convocado polos departamentos de Bioloxía e Debuxo do IES Ramón Mª Aller Ulloa celebrouse o II Concurso de Ilustración Científica, 2021. 

O xurado integrado por profesorado de ambos departamentos decidiu outorgar o 1º premio do certame a Ana Victoria Pérez Vallejos e un 2º premio a Rebeca Ojea de Pinho, alumnas de 3º da ESO e de 1º do Bacharelato, respectivamente. Así mesmo, o xurado destacou a calidade das ilustracións. 
A seguir as fotos do acto de entrega ás premiadas, así como as ilustracións seleccionadas expostas no vestíbulo, coas gañadoras como protagonistas:
 
As gañadoras Ana Victoria e Rebeca reciben os seus premios 




E o libro coas ilustracións:
 

Encontro con José Palacios Aguilar

O luns, 28 de maio, terá lugar o programado Encontro co doutor en Educación Física José Palacios Aguilar do alumnado de 4º da ESO de Bioloxía. O relatorio-obradoiro versará sobre RCP e primeiros auxilios. Actividade organizada e coordinada pola profesora Raquel Honrubia.


 

14 de maio de 2021

(re)Encontro con Álvaro López Valiñas

Onte tivo lugar o agardado (re)Encontro con Álvaro López Valiñas quen achegou información ao alumnado sobre microbioloxía e patóxenos, centrándose nas grandes pandemias da historia (varíola, peste negra, gripe española), na pandemia actual SARS-Coronavirus2 e en como evitar as futuras pandemias.

A seguir unhas fotos do relatorio:







7 de maio de 2021

Encontro con Álvaro López Valiñas

O vindeiro 13 de maio, o alumnado de 1º do Bacharelato terá un Encontro co biotecnólogo molecular Álvaro López Valiñas (alumno que foi do noso instituto). O relatorio leva por título "Microbioloxía e patóxenos".

No cartel promocional damos conta do contido do relatorio: