29 de abril de 2021

Club de Ciencia

Comprácenos informar das actividades do Club de Ciencia que botou a andar no 2º trimestre da man de Luís Guitián, Mar Espinosa e Raquel Honrubia, profesorado encargado de supervisar os diferentes obradoiros. 
De primeiras o Club contou con alumnado de 1º da ESO tutelado por alumnado de 1º do STEMBach, so o lema “Os grandes axudan os pequenos”; e dada a boa acollida, o Club ampliouse aos cursos máis altos, facendo unha nova sección, caso da do alumnado de 4º da ESO. 

Nestes momentos, entre onte e hoxe, están a realizar os seguintes obradoiros:

Obradoiro de xabón con alumnado de 4º da ESO, sen tutelar. 

Obradoiro de cociña molecular tamén con alumnado de 4º da ESO, sen monitores.

Obradoiro de identificación de ósos e reconstrución dun esqueleto humano con alumnado de 1º da ESO, acompañados dos de 1º do STEMBach, como monitores. 

Obradoiro de elaboración dun ronsel para traballar sobre a densidade, igualmente con alumnado de 1º da ESO so a tutela do alumnado de 1º do STEMBach. 

A seguir unhas fotos dos obradoiros realizados hoxe, fotos nas que se observa un entusiasmo desbordante:

 




24 de abril de 2021

Os Encontros con Educalecrín

Os encontros con Educalecrín da man de Verónica Ledo Lançao e Natalia Conzález Coego foron todo un éxito, o que fixo que se estendese a actividade a 4º da ESO, cubrindo desta forma toda a etapa educativa. Así mesmo a prensa dá conta da nova na súas páxinas de información local.
A seguir unhas fotos, do noso reporteiro Carlos, dos Encontros con 1º, 2º e 3º da ESO:
 







Fica pendente o Encontro con 4º da ESO que terá lugar o vindeiro 7 de maio:

 




14 de abril de 2021

Encontro con Juan Casto Rivadulla : o acto

Onte, día 13, tivo lugar o Encontro do alumnado de 4º da ESO de Cultura Científica co neurocientífico Juan Casto Rivadulla Férnandez so o lema: "O mundo na túa cabeza".

A seguir unhas fotos do Encontro:





 

12 de abril de 2021

Encontro co neurocientífico Juan Casto Rivadulla : O mundo na túa cabeza


 O martes, 13, terá lugar un Encontro do alumnado de 4º da ESO de Cultura Científica co neurocientífico Juan Casto Rivadulla Férnandez so o lema "O mundo na túa cabeza".


 

10 de abril de 2021

Encontro con Educalecrin

  Os días 15, 16 e 23 de abril o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO terá un Encontro con Verónica Ledo Lançao e Natalia González Coego de Educalecrín

As charlas e os obradoiros xirarán arredor do tema "Nova ética ecosocial: Unha educación diferente para un mundo diferente".
No cartel promocional damos conta dos diferentes obradoiros a desenvolver:


9 de abril de 2021

O Aller revolucionará a electroforese ao optimizar e dixitalizar o proceso

La Voz de Galicia recolle nas súas páxinas de Deza o premiado proxecto innovador dirixido pola profesora Raquel Honrubia e o profesor Javier Lozano, que incluirá a creación dun adaptador e unha aplicación informática.

                                                                Foto: Miguel Souto.