25 de xuño de 2019

Proxecto Fitofaladoiro


Como ramo ao traballo comezado xa no curso 2017-2018 e baixo a etiqueta de Ano da botánica, o alumnado de 1º ESO desenvolveu baixo a coordinación do profesor Luís Guitián o Proxecto Fitofaladoiro, unha mostra de herbario dezao coa finalidade de potenciar o labor investigador do alumnado dentro do ámbito colaborativo e interdisciplinar alicerzado na botánica e na fitotoponimia.
 Nome da planta, lugar, informante... son algúns dos datos recollidos para a conformación do herbario por parte do alumnado.
A seguir unhas fotos da exposición:






 E a guía Como faceres o teu herbario (preme nela):



8 de xuño de 2019

I concurso de Ilustración Científica

Convocado polos departamentos de Bioloxía e Debuxo do IES Ramón Mª Aller Ulloa celebrouse o I Concurso de Ilustración Científica dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato do centro.

O xurado integrado por ambos os departamentos decidiu outorgar o 1º premio do certame a Luisa María Zuloaga Garcés e un 2º premio a Ana García Lois, ambas alumnas de 2º de Bacharelato. Así mesmo, o xurado destacou a calidade das ilustracións.

A seguir as fotos do acto de entrega ás premiadas cos espazos na Biblioteca de Ciencia e Arte como fondo, asi como as ilustracións seleccionadas expostas no vestíbulo, coas gañadoras como protagonistas:




 Tamén podedes ver as ilustracións premiadas e as finalistas en formato dixital: