24 de decembro de 2020

CienciAtiras (59): Cargando baterías

Camiño verde

Lembramos que o Nobel de Química 2019 foi para John Goodenough, Stanley Whittingham e Akira Yoshino, pola súa contribución ao desenvolvemento das baterías de ion litio, un paso fundamental para irnos liberando da dependencia dos  combustibles fósiles.


de Zach

16 de decembro de 2020

Mención en Galiciencia

 

Como diciamos na entrada do 9 deste mes, catro grupos de alumnado do noso IES participou nesta edición en liña de Galiciencia.

Pois ben, onte recibimos a boa nova de que un deles foi merecedor dunha Mención. O proxecto "Teiki - Aplicación de pedidos para cafeterías escolares" acadou a "Mejor valoración popular"

A Andrea Estefanía Solís e Laura Cancela Castro (na foto), e ao seu titor Antonio Javier Lozano Formoso, os nosos parabéns. 

Premendo aquí podedes ler a nova no Faro de Vigo. 

Ademais en La Voz de Galicia podedes ler a entrevista reportaxe que lle realizaron.

A seguir tedes o vídeo de presentación do proxecto:



10 de decembro de 2020

Galiciencia en liña

Por medio destas ligazóns podedes atopar toda a información sobre os mesmos e dar a vosa opinión mediante unha sinxela valoración.

Aquí tedes os vídeos de presentación dos proxectos:




[Orixe da imaxe: https://galiciencia.com/wp-content/uploads/2020/12/que-es2.png?id=148927]


2 de decembro de 2020

Día Mundial da sida: o VIH

Ao fío da conmemoración do Día Mundial da Sida, o 1 de decembro, os Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas achégannos nun dos paneis do recibidor do centro información sobre o virus da inmunodeficiencia humana, o VIH. 

A maiores, a profesora Raquel Honrubia elaborou un mural informativo sobre as fases da enfermidade do VIH e o seu tratamento. 

 Moito sentidiño!!

A seguir unha mostra da información nun dos paneis:

 


20 de novembro de 2020

Premio "Inspiraciencia" do CESIC para Adrián Llinares Juíz

Comprácenos anunciar a nova de que o alumno de 1º do Bacharelato Adrián Llinares Juiz vén de gañar o concurso de relatos "Inspiraciencia", organizado polo CSIC, na categoría de 12 a 17 anos co relato "El amor es pura química... y la familia también" (preme no título para ler o relato).
 
Adrián na Biblioteca do centro perante a foto do Congreso de Solvay
 
Para saber máis do porqué da súa participación preme en YouTube.
Moitos parabéns Adrián, e por suposto á comunidade do CPI de Rodeiro.

11 de novembro de 2020

Encontro con Roc Olivé: Ilustraciencia

Mañá, xoves 12, ás 13.40, teremos un encontro co ilustrador científico Roc Olivé Pous (rocbook.blogspot.com/), arredor da importancia da ilustración como medio de divulgación e comunicación das investigacións científicas.

A actividade enmárcase no proxecto Illustraciencia, coordinado polo Museo Nacional de Ciencias Naturales (MNCN-CSIC) e a Asociación Catalana de Comunicación Científica (ACCC), coa colaboración da Fundación Española por la Ciencia y laTecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación e a Fundación «la Caixa».


6 de novembro de 2020

Bombas sobre Lalín (o que faltaba!)

A exposición do Proxecto Física Nuclear. 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki ofrece a curiosidade dunha parella de carteis que mostran un que pasaría se Lalín sufrise o ataque nuclear polo que pasaron as dúas cidades nipoas. 

Para os interesados, a ferramenta empregada para elaborar a simulación chámase NUKEMAP e está explicada en The Nuclear Secrecy Blog,  do historiador da ciencia Alex Wellerstein.

 

2 de novembro de 2020

XI Día da Ciencia en Galego

Como todos os anos, e xa van alá once, o 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, e con el novembro pasou a ser o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo de tal conmemoración é o de amosar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra no ámbito da divulgación científica.

 


Ao fío de tal conmemoración, o  Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) propón dedicarlle dito Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro, Robert Koch, e outro galego, Ernesto Viéitez Cortizo.

 

Robert Koch
                                                         

A elección do profesor e científico galego Ernesto Viéitez Cortizo veu motivada por ser declarado por parte da Asemblea das Nacións Unidas o ano 2020 como "Ano internacional da sanidade vexetal", e dado que o profesor Viéitez Cortizo se ocupou de fisioloxía vexetal.

 

Ernesto Viéitez Cortizo

A seguir engadimos un enlace para que poidas ler o Manifesto “O feitizo da ciencia” que o  profesor, investigador e divulgador científico Xurxo Mariño Alfonso elaborou co gallo do Mes da Ciencia en Galego.

Ademais, e aproveitando tal evento non está demais lembrar que o pasado 8 de outubro se celebrou o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Andrés Avelino Comerma y Batalla, natural de Valls (Tarragona), pero que desenvolveu o seu labor profesional en Galicia como enxeñeiro e arquitecto naval, farmacéutico, escritor e divulgador científico. [Ler máis na páxina da RAGC]

                                                  Andrés Avelino Cormena y Batalla


26 de outubro de 2020

Con B de Ciencia (9) : Un planeta, un desafío

A COVID19 desde o reto sanitario.

Wendy Hao, unha médica de vinte e oito anos, acode voluntaria a Wuhan, para loitar en primeira liña contra a COVID19. Ela, a enfermeira xefe Jane e o doutor Li serán o fío condutor desta BD que, no se empeño por divulgar con corrección científica as múltiples frontes de combate que os profesionais sanitarios teñen que encarar na súa guerra contra a gran pandemia, toma como referencia o Manual de prevención e tratamento da COVID19 seguido pola sanidade chinesa.

O Gen Z Group facilítanos esta obra debuxada por Revolver e traducida ao castelán por Juan Antonio Prieto Velasco. Nas ligazóns de abaixo podes descargar (en PDF) cada un dos capítulos.

Capítulo I

Capítulo II

Capítulo III

Capítulo IV

Capítulo V

Se queres información cualificada sobre a obra, non dubides en acudir a medicinagráfica.com, sitio que consultamos asiduamente e no que atopamos esta BD.


23 de outubro de 2020

Proxecto Física Nuclear. Exposición-homenaxe a Ana Reboiro.

Desde o 27 de outubro ao 9 de novembro no vestíbulo do instituto poderemos desfrutar da exposición "Proxecto Física Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura". Exposición-homenaxe á coordinadora do proxecto, Ana Reboiro.


Co gallo do 75 aniversario do lanzaamento das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, a Biblioteca e o Departamento de Física e Química en colaboración interdisciplinar con outros departamentos puxo en marcha o Proxecto Física Nuclear. 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura, coordinado pola profesora de Física Ana Reboiro.

A exposición e actividades complementares deberían terse celebrado en abril, mais a suspensión da actividade lectiva presencial debido á COVID-19 pospuxo a mesma. Facémolo agora pero coas restricións derivadas do protocolo anti-covid-19 para o curso actual. 

Sirva esta exposición como homenaxe ao intenso labor que durante 12 anos desenvolveu entre nós a compañeira Ana Reborio, unha das promotoras do espazo Toc-TocA Ciencia. Mágoa da súa marcha.

 A seguir o Catálogo da exposición:


Como vemos no Catálogo, na exposición podemos contemplar, entre outros traballos realizados durante o curso 2019-2020, carteis alusivos ás aplicacións da física nuclear, á simulación dunha desintegración radioactiva (realizados por alumnado de CuCi de 1º Bac.), á explicación da física que hai detrás das obras de Dalí do período atómico (tarefa realizada por alumnado de 3º ESO), ás investigadoras en Física nuclear (exposición da UAB) con tríptico de seguimento, á carta de Einstein e Szilard a Roosevelt, á selección de fotografías de científicos implicados no Proxecto Manhattan, á aproximación histórica ao conflito, ao eixe temporal desde Becquerel ata a primeira reacción de fisión en 1938, a poemas de temática nuclear, fotos das maquetas realizadas sobre a fisión e a fusión nuclear, á maqueta do mapa de España coas centrais nucleares...

Fóra da exposición polas medidas protocolarias anti-covid-19 quedan, entre outras actividades desenvolvidas, a maqueta en madeira coa situación das centrais nucleares españolas (sen rematar),  as maquetas sobre a fisión e a fusión nuclear, o Encontro con, a selección bibliográfica da biblioteca...

Desde a Biblioteca e en nome de Ana moitas grazas a todo o alumnado e profesorado colaborador no Proxecto.

E deseguido unha breve reportaxe gráfica sobre a exposición con alumnado participante no Proxecto:

 















A salientar o simulacro do lanzamento das bombas atómicas sobre Lalín:




4 de outubro de 2020

Schrödinger: non era o gato, era a caixa


É probable que o animal máis famoso da física sexa o gato de Schrödinger. Vivo ou morto? Depende. Esa resposta levou a moitos a tiraren de tópico e reivindicaren as orixes galegas do gato. Depende.

Santiago, 1934: Conferencia de Shrödinger co atril sobre a caixa (o gato está dentro).

Este verán e grazas ao arquivo de El Correo Gallego, ao que percence a foto, sabemos que a chave da galeguidade do paradoxo non estaba no felino, senón na caixa: unha caixa de madeira do país para transportar gasosas do país. Velaí a certeza (do país, claro).

Botádelle un ollo a esta crónica de Manuel Rei en GCiencia ou a esta de Iolanda Casal en Cultura galega,  tamén ao artigo de Cibrán Santamarina no mesmo portal.

14 de setembro de 2020

CienciAtiras (57) : Surfeiros

Ondas gravitacionais.

[Hai  cinco anos xustos, os científicos do experimento LIGO realizaron a primeira observación directa das ondas gravitacionais. Aínda esperarían até o 11 de febreiro para facelo público.]


de Marco de Angelis.

29 de agosto de 2020

CienciAtiras (56) : Solpor

Pacific

A ONU declarou o 29 de agosto como o Día Internacional contra os ensaios nucleares.
O 30 de xuño de 1946, os EUA ensaiaron unha arma nuclear no atolón Bikini. A esta seguiron varias probas máis. Moitas daquelas illas que formaron o Campo de Probas do Pacífico seguen contaminadas por chuvia radioactiva
de Marco de Angelis.

6 de agosto de 2020

CienciAtiras (55): Agora convertinme en morte

Deserto Manhattan

O 16 de xullo de 1945, detonouse a primeira bomba nuclear. Oppenheimer, un dos pais da bomba atómica, lembrou un verso do Mahabarhata:

"Agora convertinme en morte, a destrutora de mundos"

O 6 de agosto, a devastación chegou a Hiroshima.



de Ramiro Zardoya.

7 de xullo de 2020

Dous millóns de ilustracións en descarga libre

Fonte
Biodiversity Heritage Library pon á nosa disposición máis de dous millóns de ilustracións de Ciencias Naturais: animais, plantas, fungos... Todo en descarga gratuíta en flickr.

Explorade os múltiples álbums desde aquí.


Fonte

Quen nolo contou foi El horticultor. Graciñas.


Fonte

20 de maio de 2020

CienciAtiras (51) : Máscara


Protección

O 20 de maio é o Día mundial das abellas, instituído pola ONU.
"Pesticidas, mudanças no uso da terra e monocultura são algumas das ameaças; abelhas contribuem para a segurança alimentar e são essenciais para conservação da biodiversidade; maioria das cerca de 30 mil espécies de abelhas são polinizadores." (Aquí).
Escolleuse este día en lembranza de Anton Janša.



de Gatis Sluka.