18 de abril de 2013

Toc-Toca: Medindo o universo

Hai uns aniños, o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia , a través do seu portal educativo, ofrecía a súa exposición:  Medindo o universo: a historia das medidas.

Currás pesa pola libra galega e Nicolás xa se meteu no Kg.

Aínda hoxe se pode descargar, tanto a exposición como o excelente material que a acompaña. E iso foi o que fixemos.

Engadíndolle algún aparello de medidas tradicionais (romanas marcadas con libras ou con quilogramos, medios ferrados...) e unha pequena selección vídeo-bibliográfica, a cousa aínda foi resultando...


16 de abril de 2013

Toc-toca: o tangram


O Tangram ou Chi Chiao Pan (táboa da sabedoría) é un quebracabezas de orixe chinesa.

Consta de sete pezas ou "tans" que se obteñen cortando un cadrado en cinco triángulos rectángulos de diferentes tamaños, un cadrado e un trapecio. 





O xogo consiste en usar todas as pezas para construír diferentes formas.



Un paradoxo do tangram


Unha curiosidade que atopamos no tangram é a existencia de varios pares de figuras moi semellantes. Como é obrigado, constrúense utilizando todas as pezas, pero acontece que a  única diferenza aparente entre elas consiste en que nos parece que a unha lle falta unha peza.


Un conto