29 de abril de 2014

Toc - toca: observación de minerais

Este ano foi declarado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como o Ano Internacional da Cristalografía.
 
Para conmemoralo decidimos expoñer unha pequena colección de minerais, seleccionada polo departamento de bioloxía e xeoloxía, e describir as súas estruturas internas, que non son outra cousa que átomos perfectamente ordenados no espazo.


Cando unha substancia ten este tipo de estrutura dise que é "cristalina". Pola contra, se unha substancia non é cristalina decimos que é "amorfa" e que, polo tanto, as partículas que a forman están desordenadas.

Un exemplo dun material amorfo é o vidro, mentres que exemplos de materiais cristalinos témolos nos minerais: seixo, pirita, diamante,...

Sabes agora distinguir entre "vidro" e "cristal" ?





Nesta presentación resumimos as características que teñen os minerais:

9 de abril de 2014

Toc - toca: propiedades dos líquidos

Un grupo de estudantes de 4º de ESO realizou un pequeno proxecto de investigación no laboratorio sobre varias propiedades físicas dos líquidos. Tiveron algún que outro atranco na fase experimental e nas gravacións dos vídeos. O tempo non deu para máis, pero o resultado foi bastante xeitoso. 
 
Aquí tedes un resumo de todo o realizado. Colaboraron nas explicacións e demostracións María, Sara, Noelia, Alex e Diego. Na cámara Nuria. 
 
Propiedades dos líquidos from marelatarabela