30 de agosto de 2018

XXXI congreso de ENCIGA

Tocounos a responsabilidade e a honra de acoller o XXXI congreso de ENCIGA.


O cartel, elaborado polo noso compañeiro Sebas Anxo, é unha boa presentación.


O fondo do cartel son páxinas pertencentes aos manuscritos de Don Ramón Aller, doados ao instituto por Vitorino Gutiérrez.

27 de agosto de 2018

Katherine Johnson: cen anos e un día

Foto: NASA


Onte, 26 de agosto, Katherine Johnson fixo cen anos. 
Lembrámola hai pouco con ocasión do 11F e a recomendación do filme Figuras ocultas.

Hoxe, para celebrarmos que estrea o seu segundo centenario,  suxerímosvos un breve artigo de Mª Ángeles García Ferrero e Ágata Timón, na sección de El País, Café y teoremas.