29 de maio de 2013

A cantar a táboa (periódica)

Quédannos tres toc-toca por poñer. Algún enredo impídenos andar ao ritmo que quixeramos. Así que, mentres vai ou non vai, que tal unha cantiguiña?


Vímola no Naukas e pareceunos moi aquelada, ademais reclamounos a atención para outros vídeos  de AsapSCIENCE que son igual de xeitosos.

-

15 de maio de 2013

Toc-toca: observación de artrópodos

Había moito que ver e ninguén paraba de mirar.



A peor parte tocoulle ao ángulo das fotos... A parede! Quen puxo aí a parede!

 


E como non vos podemos mostrar o que elas ven, suxerímosvos que miredes a Galería Micro de Fot Ciencia 10 ou algunhas das anteriores. Por exemplo esta...


... que vén sendo unha sección dunha retina de mono, gañadora da sección micro da sexta edición.

3 de maio de 2013

Toc-toca: efectos da presión atmosférica

Tocou esta semana facer uns experimentos para pór de manifesto o efecto que produce a atmosfera sobre nós.
Parece que aquilo de que o ovo cocido sexa succionado por unha botella causa sensación...
Aquí tedes unha presentación coa explicación dos fenómenos.

ENCHER CON AUGA UN VASO BOCA ABAIXO




COMO INTRODUCIR UN OVO NUNHA BOTELLA