12 de decembro de 2019

Día Mundial da Sida: o VIH

Ao fío da conmemoración do Día Mundial da Sida,   o  1 de decembro, podemos ver no recanto do Toc TocA Ciencia o traballo feito polo alumnado do STEMBAC o pasado curso, sobre o virus da inmunodeficiencia humana, o VIH. 

O mesmo consta dun mural coa representación do ciclo biolóxico do virus, unha maqueta coa súa estrutura molecular, acompañado dunhas pequenas biografías dos seus descubridores.

A seguir unha mostra gráfica:








24 de novembro de 2019

Música e evolución con Pablo Carpintero e Rosa Sánchez

Grazas ao Departamento de Biloxía, retomamos o programa C@nt@s C@nt@s da man, unha vez máis, de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, nesta ocasión para nos deleitar coa música tradicional en relación coa evolución humana.
Evento músico-evolutivo destinado ao alumnado de 1º e 2º de ESO.  


Ao fío desta actividade con Pablo carpintero, non está de máis lembrar que estivo connosco hai uns cursos coa actividade músico-artesán Instrumentos tradicionais 
que podedes consultar na Marela.


21 de novembro de 2019

Anisakis: o verme que se esconde nos peixes



Unha vez máis, desde a Biblioteca queremos, en nome do toda a comunidade escolar do IES Aller Ulloa, darlles ánimo e moita sorte ás alumnas de 4º de ESO que van participar no IX Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil e no I Europeo de Investigación Xuvenil que se inaugura hoxe na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, destinado a alumnado de Secundaria e do último ciclo de Primaria.
"Anisakis: o verme que se esconde nos peixes" é o título do traballo de investigación a presentar por Alba Fernández Lamela, Noelia Pardo Areán, Andrea González Sánchez e Aroa Fernández Fernández; coordinado polas profesoras Natalia Fernández e Raquel Honrubia.
Para coñecerdes máis polo miúdo o certame e proceso de investigación preme nos enlaces seguintes:
A seguir as respectivas fotos publicadas nos medios anteriores:




17 de novembro de 2019

Cancro: casualidade ou causalidade?

A profesora de Bioloxía, Raquel Honrubia, presentou este venres, no XXXII Congreso de ENCIGA celebrado en Viveiro, a comunicación Cancro: casualidade ou causalidade? Unha experiencia de aula. Nela mostrou a un bo grupo de profesores de diversos centros galegos o excelente traballo que o curso pasado realizou co alumnado de Cultura Científica de 4º de ESO

Podedes ler o resumo do relatorio no número 88 do Boletín das Ciencias

Velaquí tedes algunha imaxe da súa intervención...



... e tamén da xornada inaugural do congreso.


De esquerda a dereita Juanjo Fernández, César Goldi e Manuel Vicente




7 de novembro de 2019

Ano Internacional da Táboa Periódica. Epílogo

A UNESCO declarou o 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica, e como ramo ás actividades desenvolvidas o curso anterior contamos coa exposición "Entre moléculas" do CSIC, acompañada dunha selección de elementos da Táboa periódica coa explicación en inglés, así como da Táboa Periódica en galego e fondos da bilioteca.

Preme na imaxe para ver as suxextións sobre a exposición:

https://issuu.com/marelatarabela6/docs/tr_ptico_proxecto

A seguir unha reportaxe gráfica:











Margarita Salas: in memóriam

Hoxe recibimos  a mala nova do falecemento da egrexia bioquímica Margarita Salas, pioneira xunto co seu home, Eladio Viñuela, da biloxía molecular en España.


Nós quixémoslle render homenaxe, lembrando unha vez máis a súa figura que as súas propias palabras definen á perfección: "Un país sin investigación es un país sin desarrollo".
A seguir tedes uns enlaces para saber máis da súa vida e obra e algo moi sentimental a sinatura coa que agasallou a nosa compañeira Natalia.
Toc-Toc-A-Ciencia
mujeresconciencia
CSIC

 

3 de novembro de 2019

Día da Ciencia en Galego

Como todos os anos, e xa van dez, o 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, e ao fío deste evento non está demais lembrar que o pasado 8 de outubro se celebrou o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Tomás Batuecas Marugán, estremeño que situou Galicia no mapa do cálculo das masas atómicas. [Ler más na páxina da RAGC]


E tal como deita a web divulgaccion.org "non é casualidade que a RAGC decidise dedicar o Día da Ciencia en Galicia á figura de Tomás Batuecas Marugán. E isto é así porque este personaxe, primeiro catedrático de Química Física na Universidade de Santiago, estivo moi ligado á IUPAC durante as tres décadas que foi profesor en activo da nosa universidade, e porque coa súas investigacións sobre masas atómicas permitiu mellorar a información sobre os elementos químicos da Táboa Periódica.


Foto ragc.gal

A este respecto, hai que lembrar que estamos a celebrar o Ano Internacional da Táboa Periódica e que o noso centro se sumou ás actividades que se están a celebrar construíndo a nosa particular táboa periódica que poderemos contemplar de novo nos próximos días como ramo a tal celebración, xunto coa exposición "Entre moléculas" do CISC.
No Toc-Toc-A-Ciencia e na Marela podedes informarvos sobre a nosa Táboa Periódica.

8 de outubro de 2019

Apollo XI. A misión en fotos

Como remate ás actividades desenvolvidas co gallo da conmemoración da chegada do ser humano á Lúa, no recanto Toc-TocA Ciencia podemos desfrutar da Exposición fotográfica da misión Apollo XI, acompañada de fondos documentais da biblioteca.
A seguir unha mostra gráfica do evento:





25 de xuño de 2019

Proxecto Fitofaladoiro


Como ramo ao traballo comezado xa no curso 2017-2018 e baixo a etiqueta de Ano da botánica, o alumnado de 1º ESO desenvolveu baixo a coordinación do profesor Luís Guitián o Proxecto Fitofaladoiro, unha mostra de herbario dezao coa finalidade de potenciar o labor investigador do alumnado dentro do ámbito colaborativo e interdisciplinar alicerzado na botánica e na fitotoponimia.
 Nome da planta, lugar, informante... son algúns dos datos recollidos para a conformación do herbario por parte do alumnado.
A seguir unhas fotos da exposición:






 E a guía Como faceres o teu herbario (preme nela):



8 de xuño de 2019

I concurso de Ilustración Científica

Convocado polos departamentos de Bioloxía e Debuxo do IES Ramón Mª Aller Ulloa celebrouse o I Concurso de Ilustración Científica dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato do centro.

O xurado integrado por ambos os departamentos decidiu outorgar o 1º premio do certame a Luisa María Zuloaga Garcés e un 2º premio a Ana García Lois, ambas alumnas de 2º de Bacharelato. Así mesmo, o xurado destacou a calidade das ilustracións.

A seguir as fotos do acto de entrega ás premiadas cos espazos na Biblioteca de Ciencia e Arte como fondo, asi como as ilustracións seleccionadas expostas no vestíbulo, coas gañadoras como protagonistas:




 Tamén podedes ver as ilustracións premiadas e as finalistas en formato dixital: