Ao longo da semana, as profesoras Raquel Honrubia e Lara Rodríguez impartiron a alumnado de 1º da ESO e de 4º da ESO un Obradoiro sobre sexualidade e prevención de ETS.
Ao fío do Obradoiro, Raquel e Lara reflexionan sobre a actividade:
“As ETS, a
menstruación, a anatomía dos aparatos reprodutores, así como dos órganos
sexuais, os métodos anticonceptivos, a influencia da pornografía na concepción
das relacións sexuais, os estereotipos xerados arredor do sexo, o concepto de
“virxindade”, a importancia da comunicación e do coñecemento do propio corpo…;
estes foron algúns dos temas tratados nestes obradoiros tan necesarios para a
mocidade. Nestas sesións puxéronse en común preocupacións, dúbidas e
curiosidades, nas que se tentou non só dar e compartir información senón tamén
abrir camiño de cara á normalización da sexualidade e a desestigmatización do
pracer”.
“Foi unha
experiencia do máis produtiva e enriquecedora, que obtivo unha boa acollida por
parte do alumnado, sempre disposto a aprender, opinar e compartir as súas
reflexións e dúbidas. Dende logo, o éxito destas xornadas debeuse a elas e eles”.
E como non, unhas fotos da actividade:
Ningún comentario:
Publicar un comentario