Unha vez máis o noso centro presenta proxectos ao certame científico Galiciencia que se desenvolve en liña, neste caso son tres os proxectos presentados na categoría de Secundaria:
Aquí tedes os vídeos de presentación dos proxectos que tamén podedes ver en liña premendo nos enlaces:
1. Os riles , máquinas perfectas, proxecto presentado polas alumnas de 1º do Bacharelato Aroa Fernández Fernández e Noa Fernández Iglesias, coordinadas pola profesora Natalia Fernández.
2. Teiki. 2.0. Sistema automatizado de pedidos, proxecto realizado polas alumnas de FP Laura Cancela Castro e Andrea Estefanía Solís Iglesias, coordinadas polo profesor Antonio Javier Lozano Formoso.
3. Sillu. Sistema de vixilancia para o gando, proxecto desenvolvido pola alumna Ann Jolie Lourido Pose e o alumno Adrian Hermida Rozas, coa coordinación do profesor Antonio Javier Lozano Formoso.
Parabéns e moita sorte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario