Comprácenos informar das actividades do Club de Ciencia que botou a andar no 2º trimestre da man de Luís Guitián, Mar Espinosa e Raquel Honrubia, profesorado encargado de supervisar os diferentes obradoiros.
De primeiras o Club contou con alumnado
de 1º da ESO tutelado por alumnado de 1º do STEMBach, so o lema “Os grandes axudan os
pequenos”; e dada a boa acollida, o Club ampliouse aos cursos máis altos, facendo unha nova sección, caso da do
alumnado de 4º da ESO.
Nestes momentos, entre onte e hoxe, están a realizar os seguintes obradoiros:
Obradoiro de xabón con alumnado de 4º da ESO, sen tutelar.
Obradoiro de cociña molecular tamén con alumnado de 4º da ESO, sen monitores.
Obradoiro de identificación de ósos e reconstrución dun esqueleto humano con alumnado de 1º da ESO, acompañados dos de 1º do STEMBach, como monitores.
Obradoiro de elaboración dun ronsel para traballar sobre a densidade, igualmente con alumnado de 1º da ESO so a tutela do alumnado de 1º do STEMBach.
A seguir unhas fotos dos obradoiros realizados hoxe, fotos nas que se observa un entusiasmo desbordante:
Ningún comentario:
Publicar un comentario