21 de novembro de 2020
20 de novembro de 2020
Premio "Inspiraciencia" do CESIC para Adrián Llinares Juíz
Moitos parabéns Adrián, e por suposto á comunidade do CPI de Rodeiro.
11 de novembro de 2020
Encontro con Roc Olivé: Ilustraciencia
A actividade enmárcase no proxecto Illustraciencia, coordinado polo Museo Nacional de Ciencias Naturales (MNCN-CSIC) e a Asociación Catalana de Comunicación Científica (ACCC), coa colaboración da Fundación Española por la Ciencia y laTecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación e a Fundación «la Caixa».

6 de novembro de 2020
Bombas sobre Lalín (o que faltaba!)
A exposición do Proxecto Física Nuclear. 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki ofrece a curiosidade dunha parella de carteis que mostran un que pasaría se Lalín sufrise o ataque nuclear polo que pasaron as dúas cidades nipoas.
Para os interesados, a ferramenta empregada para elaborar a simulación chámase NUKEMAP e está explicada en The Nuclear Secrecy Blog, do historiador da ciencia Alex Wellerstein.2 de novembro de 2020
XI Día da Ciencia en Galego
Como todos os anos, e xa van alá once, o 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, e con el novembro pasou a ser o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo de tal conmemoración é o de amosar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra no ámbito da divulgación científica.
Ao fío de tal conmemoración, o Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) propón dedicarlle dito Mes da
Ciencia a dous científicos, un estranxeiro, Robert
Koch, e outro galego, Ernesto Viéitez Cortizo.
![]() |
Robert Koch |
A elección do profesor e científico galego Ernesto Viéitez Cortizo veu motivada por ser declarado por parte da Asemblea das Nacións Unidas o ano 2020 como "Ano internacional da sanidade vexetal", e dado que o profesor Viéitez Cortizo se ocupou de fisioloxía vexetal.
![]() |
Ernesto Viéitez Cortizo |
A seguir engadimos un enlace para que poidas ler o Manifesto “O feitizo da ciencia” que o profesor, investigador e divulgador científico Xurxo Mariño Alfonso elaborou co gallo do Mes da Ciencia en Galego.
Ademais, e aproveitando tal evento non está demais lembrar que o pasado 8 de outubro se celebrou o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Andrés Avelino Comerma y Batalla, natural de Valls (Tarragona), pero que desenvolveu o seu labor profesional en Galicia como enxeñeiro e arquitecto naval, farmacéutico, escritor e divulgador científico. [Ler máis na páxina da RAGC]
Andrés Avelino Cormena y Batalla