Navegando polo universo ou, ben poderiamos dicir, o universo á beira da aula. Ao principio era unha misteriosa esfera negra (e un ser con aparencia de terrícola) que comezou a abrollar no salón de actos.
Quen se alí achegou puido aproximarse ao misterio grazas ás explicacións de Ínigo de la Quadra-Salcedo.
Como a esfera non acabou de xermolar de todo, decidimos asexar...
e entrar...
e alí estaba o Universo... Vaia, non todo! Cincuenta minutos non dan para tanto, pero sempre nos quedan os libros para ir completando panorámicas...
O mapa de Fontán (propiamente Carta geométrica de Galicia) é un dos maiores fitos científicos da nosa historia. En 2017, celebrouse o bicentenario do inicio de tan magna obra. En 2018, o seu autor foi elexido como científico galego do ano. Unha boa ocasión para apareceren publicacións que difundan a súa figura. O Consello da Cultura Galega encargou unha unidade didáctica (descarga en PDF) que constitúe unha magnífica aproximación a Don Domingo Fontán, ademais de incorporar uns moi atractivos exercicios matemáticos.
Nunha e noutra publicación, atopamos o nome da decana da facultade de matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón (como autora, como entrevistada) a quen poderemos escoitar, o mes que vén, no noso centro, dentro das actividades do congreso de Enciga. A BNE dixitalizou a Carta... e pódela descargar en PDF.