Amor impossivel-3
de Rafael Marçal en Vacilândia.
14 de febreiro de 2017
7 de febreiro de 2017
5 de febreiro de 2017
Mulleres que fan historia: Marie Curie [1]
Xa adiantamos aquí que estamos traballando nun proxecto arredor da fotografía do Congreso Solvay de 1927. Nela só aparece unha muller: Marie Curie.
Con esta entrada inauguramos unha sección dedicada a ela, pois en 2017 cúmprese o 150 aniversario do seu nacemento.
Marie Curie (de solteira, Sklodowska) naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia, cidade baixo o dominio do Imperio Ruso. Filla de pais profesores, foi unha alumna brillante, mais na súa terra non puido, coma todas as mulleres da época, acceder a estudos superiores. Ingresou na Universidade Flotante, unha institución clandestina que si as aceptaba. En 1891 emigrou a Francia onde conseguiu licenciarse en Física e en Matemáticas pola Universidade da Sorbona.
![]() |
Imaxe www.mariecurie-usa.org/ |
Etiquetas:
Congreso Solvay 1927,
Marie Curie,
Toc-Toca Física
4 de febreiro de 2017
1 de febreiro de 2017
Ao fío do encontro co grupo de investigación do Reino Protista
Por Antía Rodríguez Fernández (1º bach A)
Ao comezo da exposición, un dos alumnos, Óscar, fixo unha breve introdución sobre o traballo e sobre o Reino Protista, citando, por exemplo, a Lynn Margulis e a Teoría da endosimbiose. A seguir, a súa compañeira, Sara, describiu os obxectivos do proxecto, así como o procedemento que empregaron para observar ao microscopio os diversos organismos do Reino Protista que eles mesmos recolleron en diferentes lugares coma charcas, fontes, lagoas…
Logo desta introdución ao proxecto, os demais alumnos do grupo de traballo (Sarai, Antía, Laura, José Manuel, Olimpia, Emma e Nerea) profundaron máis en varios grupos do Reino Protista, mostrando con imaxes as súas características principais, entre as que destacan a súa estrutura vista ao o microscopio ou a rapidez dalgúns destes organismos que impedía fotografalos facilmente, fronte á lentitude doutros coma a ameba. Tamén destacaron a capacidade de moitos destes organismos para agruparse en colonias, adoptando diferentes formas, ou a maneira que teñen de reaccionar ante un estímulo, contraéndose de xeito veloz.
Para concluir a exposición, destacaron o aprendido ao realizar o traballo, que para eles supuxo o descubrimento duns seres dos que estamos rodeados e que son de grande importancia nos ecosistemas. Xa rematando o relatorio, os alumnos e as alumnas que realizaron este traballo non dubidaron en agradecerlle á Sociedade Española de Microbioloxía o feito de contar con eles no congreso ao que asistiron o curso pasado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)