Descargamos e imprimimos os paneis da exposición Un universo de luz, realizada polo CSIC, con apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
O alumnado de PMAR elaborou un xeitoso cuestionario, para axudar aos de 1º e 2º da ESO a seguir a exposición.
Aproveitamos a oportunidade, para facer unha pequena mostrar de libros de fotografía, escollidos entre os nosos fondos.
E non quixemos esquecer que este tamén era o Ano internacional dos solos e, malia non lle prestarmos a atención que quixeramos, tratamos de lembralo imprimindo a BD Vivir no solo (preme para descargala en PDF) de Marilar Aleixandre e o Estudio Tangaraño. Con ela, forramos unha columna ben á vista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario