Unha das
preocupacións non intrinsecamente científicas que manifestan case todos os
autores dos libros que comentamos nesta serie é a da necesidade de inserir con
naturalidade o coñecemento científico no interior da sociedade. Este obxectivo
responde, fundamentalmente, á percepción de que o alto grao de investimento
económico e a enorme sofisticación dos experimentos e resultados obtidos (lonxe
xa de descubrimentos sobre realidades inmediatas para calquera persoa),
poderían levar a provocar unha fisura de incomprensión entre sociedade e
ciencia. Tamén, de forma máis ou menos velada, Turok advirte de certa
prepotencia científica como un factor disuasorio para o achegamento da
sociedade ao mundo da ciencia.
Neil Turok dedica moitas páxinas deste libro a argumentar o necesario que é que ambas partes se aproximen con honradez, seguro como está de que " reconectar la ciencia con la sociedad tiene una finalidad más profunda que desarrollar la próxima tecnología comercializable". Turok afirma que esa “reconexión” permitiría axudar a ambos os polos da relación a dirixir os esforzos a obxectivos positivos e beneficiosos para todos. A imaxe con que titula o seu libro expresa con nitidez a idea que intenta defender.
Turok, como cada vez é máis frecuente nestes libros, recorre ao persoal, ao humano, ao biográfico, para achegar a ciencia a través dos científicos. E, ata, ao autobiográfico. Neste sentido, son especialmente interesantes as páxinas que dedica ao seu testemuño persoal sobre o seu estimulante aposta educativa na Sudáfrica do apartheid, e os seus resultados extraordinarios de avance humano; avance que relaciona co que ocorreu durante a ilustración escocesa, cando unha aposta similar pola educación deu lugar a figuras de primeira orde como Newton, Faraday e Maxwell.
Polo que respecta á súa parte técnica, o libro explica con bastante claridade os elementos básicos da física cuántica, as distintas teorías plausibles sobre a orixe do universo (se hai un momento cero que xorde das flutuacións cuánticas do baleiro ou se falamos dun universo cíclico) e a fórmula matemática ou ecuación que resume toda a física coñecida, e que expresa os retos aos que a ciencia aínda se ten que enfrontar (especialmente, esa orixe á que acabo de aludir e o futuro).
Nos seus capítulos finais, Turok apontoa a indisoluble unidade entre o ser humano e o mundo físico no que nos inserimos, abordando o fascinante tema da conciencia, que une inextricablemente física, química e bioloxía. Turok cuestiónase se todo é puramente accidental ou se, pola contra, o ser humano camiña de forma inevitable cara a un control do universo que lle permitiría terminar converténdose na súa conciencia. (C.M.)

TUROK, Neil (2015): El universo está dentro de nosotros. Del cuanto al cosmos. Plataforma Editorial. Barcelona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario