O campus de verán científico técnico, 2015.
por Jaime Blanco Vilariño.
Era unha día de verán e, sobre as catro e media, saímos cara a Lugo.
Recordo que ao
chegarmos, recibiunos o que sería o noso xefe, un tal Choury (vaia nome...), un
home que seguramente nin sequera cale baixo a auga. Mentres o resto da xente ía
chegando, eu xa fun coñecendo os meus compañeiros. De todos eles, tan só dous
sabían onde estaba Lalín.
Raspberry pi 2, o modelo que empreguei para as prácticas de programación |
Logo de nos dar a
charla inicial, de nos explicar as normas da residencia (moi boa por certo),
xogamos unhas partidas ás cartas e fomos durmir.
No segundo día,
coñecemos as instalacións da universidade. Para iso, fixemos unha especie de
carreira por todo o campus, que non é pequeno.
Máis tarde,
comezamos cos nosos proxectos, xunto a outras actividades, algunhas mellores ca
outras; e, ao caer as sete da tarde, volvemos para á residencia a cear, dar un
paseo pola muralla e durmir, para agardar polo día seguinte.
Xa de volta na
facultade, Ciencias no meu caso, comezamos a programar un ordenador. Tocounos unha
Raspberry pi. Con este pequeno trebello fixemos marabillas, coma un tradutor de
código morse, un detector de proximidade e ata simulamos unha bomba, malia que
non nos deixasen poñer pólvora para dotala de realidade.
Entre risos,
obradoiros, animais, química e xogos, case sempre de cartas e maxia, a semana
foi tocando á súa fin. Ata que, logo de presentar os nosos proxectos, chegou a
despedida: un completo caos de choros, apertas, risas... un pouco de todo.
Á fin e ao cabo non foi unha mala experiencia, coñecín xente marabillosa, coa que aínda falo, escribo e, ás veces, vexo.
Aquí tedes un vídeo sobre o noso proxecto:
Aquí, un sobre o campus:
Ningún comentario:
Publicar un comentario