21 de novembro de 2019

Anisakis: o verme que se esconde nos peixes



Unha vez máis, desde a Biblioteca queremos, en nome do toda a comunidade escolar do IES Aller Ulloa, darlles ánimo e moita sorte ás alumnas de 4º de ESO que van participar no IX Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil e no I Europeo de Investigación Xuvenil que se inaugura hoxe na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, destinado a alumnado de Secundaria e do último ciclo de Primaria.
"Anisakis: o verme que se esconde nos peixes" é o título do traballo de investigación a presentar por Alba Fernández Lamela, Noelia Pardo Areán, Andrea González Sánchez e Aroa Fernández Fernández; coordinado polas profesoras Natalia Fernández e Raquel Honrubia.
Para coñecerdes máis polo miúdo o certame e proceso de investigación preme nos enlaces seguintes:
A seguir as respectivas fotos publicadas nos medios anteriores:




17 de novembro de 2019

Cancro: casualidade ou causalidade?

A profesora de Bioloxía, Raquel Honrubia, presentou este venres, no XXXII Congreso de ENCIGA celebrado en Viveiro, a comunicación Cancro: casualidade ou causalidade? Unha experiencia de aula. Nela mostrou a un bo grupo de profesores de diversos centros galegos o excelente traballo que o curso pasado realizou co alumnado de Cultura Científica de 4º de ESO. 

Podedes ler o resumo do relatorio no número 88 do Boletín das Ciencias. 

Velaquí tedes algunha imaxe da súa intervención...



... e tamén da xornada inaugural do congreso.


De esquerda a dereita Juanjo Fernández, César Goldi e Manuel Vicente




7 de novembro de 2019

Ano Internacional da Táboa Periódica. Epílogo

A UNESCO declarou o 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica, e como ramo ás actividades desenvolvidas o curso anterior contamos coa exposición "Entre moléculas" do CSIC, acompañada dunha selección de elementos da Táboa periódica coa explicación en inglés, así como da Táboa Periódica en galego e fondos da bilioteca.

Preme na imaxe para ver as suxextións sobre a exposición:

https://issuu.com/marelatarabela6/docs/tr_ptico_proxecto

A seguir unha reportaxe gráfica:











Margarita Salas: in memóriam

Hoxe recibimos  a mala nova do falecemento da egrexia bioquímica Margarita Salas, pioneira xunto co seu home, Eladio Viñuela, da biloxía molecular en España.


Nós quixémoslle render homenaxe, lembrando unha vez máis a súa figura que as súas propias palabras definen á perfección: "Un país sin investigación es un país sin desarrollo".
A seguir tedes uns enlaces para saber máis da súa vida e obra e algo moi sentimental a sinatura coa que agasallou a nosa compañeira Natalia.
Toc-Toc-A-Ciencia
mujeresconciencia
CSIC