Malia non poderen vir de "corpo enteiro", grazas a Fran Otero e a xente de BAC Artes, puidemos contar -para o este 11F- con tres das científicas máis relevantes de España. Ben se poden ver no noso laboratorio en miniatura. Son a bioquímica Margarita Salas (Canero-Asturias, 1938), a óptica Josefa Yzuel (Jaca, 1940) e a bióloga e directora do CNIO, María Blasco (Alicante, 1965).
Ao pé, unha pequena selección de libros, películas e documentais arredor da muller e a ciencia.
Cerca, unha "photo call" para que calquera se puidese sentir "muller científica". Unha vez máis, obra de Fran e os seus.
2º de ESO case sempre mostra grande interese en resolver os cuestionarios que preparamos. Aquí, ás voltas co de Astrónomas que fixeron historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario