17 de novembro de 2019

Cancro: casualidade ou causalidade?

A profesora de Bioloxía, Raquel Honrubia, presentou este venres, no XXXII Congreso de ENCIGA celebrado en Viveiro, a comunicación Cancro: casualidade ou causalidade? Unha experiencia de aula. Nela mostrou a un bo grupo de profesores de diversos centros galegos o excelente traballo que o curso pasado realizou co alumnado de Cultura Científica de 4º de ESO

Podedes ler o resumo do relatorio no número 88 do Boletín das Ciencias

Velaquí tedes algunha imaxe da súa intervención...



... e tamén da xornada inaugural do congreso.


De esquerda a dereita Juanjo Fernández, César Goldi e Manuel Vicente




1 comentario:

  1. Parabens Raquel, a túa profesionalidade deixando paso coma sempre a unha ventá para os que non somos de ciencia e disfrutamos con ela...grazas e a seguir así!unha aperta

    ResponderEliminar