Mergullarse na historia da cervexa é -traducindo a páxina 169- "mergullarse de cheo nas infinitas e cambiantes correntes das forzas agrícolas, climáticas, sociais, relixiosas, económicas, xeográficas, científicas e ideolóxicas".
A BD que nos ocupa responde con rigor e amenidade á esixencia da divulgación histórica e, como tal, a unha parte importante da historia científica. A auga e o cereal están na base da alimentación humana. A súa produción, transformación e conservación evolucionan conforme avanzan a experiencia, a experimentación, o coñecemento...
Percorrer a historia da cervexa sérvenos para ver como o vai nacendo o saber científico arredor dun produto básico e como a ciencia permite explicar e mellorar o produto. O que antes só se podía explicar pola maxia e/ou a relixión (quen convertía o cereal e a auga nun nutritivo e saboroso líquido?), pouco e pouco, vai desvelando os seus segredos para que a humanidade poida controlar e optimizar ese proceso.
As infusións, as bacterias, o lévedo, o lúpulo, a fermentación, o alcol... A ciencia explícaos e esta BD explica esa ciencia (e moitas cousas máis).
HENNESSEY, Jonathan, SMITH, Mike & McCONNELL, Aaron (2017): La historia en cómic de la cerveza : la bebida favorita del mundo desde el 7000 a.C. hasta la revolución de la cerveza artesanal hoy en día. Principal de los Libros. Mallorca.
13 de novembro de 2018
7 de novembro de 2018
A Marela do 50º de D. Ramón M. Aller
Co gallo da celebración no noso centro do XXXI Congreso Enciga, volvemos imprimir o número 20 d’A Marela Tarabela. Está dedicado ás actividades realizadas con motivo do 50 aniversario do falecemento de don
Ramón Mª Aller Ulloa.
Pódese ler ou baixar en PDF premendo aquí.
Tamén se lle pode botar unha ollada ao primeiro que elaboramos sobre D. Ramón. Fora en 2009, con ocasión do Ano internacional da astronomía.
Tamén se lle pode botar unha ollada ao primeiro que elaboramos sobre D. Ramón. Fora en 2009, con ocasión do Ano internacional da astronomía.
5 de novembro de 2018
27 de outubro de 2018
Navegando polo universo
Navegando polo universo ou, ben poderiamos dicir, o universo á beira da aula.
Ao principio era unha misteriosa esfera negra (e un ser con aparencia de terrícola) que comezou a abrollar no salón de actos.
Quen se alí achegou puido aproximarse ao misterio grazas ás explicacións de Ínigo de la Quadra-Salcedo.
Como a esfera non acabou de xermolar de todo, decidimos asexar...
e entrar...
e alí estaba o Universo... Vaia, non todo! Cincuenta minutos non dan para tanto, pero sempre nos quedan os libros para ir completando panorámicas...

10 de outubro de 2018
Cartas a Domingo Fontán
O Consello da Cultura Galega encargou unha unidade didáctica (descarga en PDF) que constitúe unha magnífica aproximación a Don Domingo Fontán, ademais de incorporar uns moi atractivos exercicios matemáticos.
A revista Ciencia en Galicia, editada pola Real Academia Galega de Ciencias e GCiencia, dedícalle boa parte do anuario 2018. Pódela descargar en PDF ou visitar a súa versión web: acienciaengalicia2018.gciencia.com.
Nunha e noutra publicación, atopamos o nome da decana da facultade de matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón (como autora, como entrevistada) a quen poderemos escoitar, o mes que vén, no noso centro, dentro das actividades do congreso de Enciga.
A BNE dixitalizou a Carta... e pódela descargar en PDF.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)