13 de novembro de 2018

Con B de ciencia (5): La historia en cómic de la cerveza.

Mergullarse na historia da cervexa é -traducindo a páxina 169- "mergullarse de cheo nas infinitas e cambiantes correntes das forzas agrícolas, climáticas, sociais, relixiosas, económicas, xeográficas, científicas e ideolóxicas".

A BD que nos ocupa responde con rigor e amenidade á esixencia da divulgación histórica e, como tal, a unha parte importante da historia científica. A auga e o cereal están na base da alimentación humana. A súa produción, transformación e conservación evolucionan conforme avanzan a experiencia, a experimentación, o coñecemento...

Percorrer a historia da cervexa sérvenos para ver como o vai nacendo o saber científico arredor dun produto básico e como a ciencia permite explicar e mellorar o produto. O que antes só se podía explicar pola maxia e/ou a relixión (quen convertía o cereal e a auga nun nutritivo e saboroso líquido?), pouco e pouco, vai desvelando os seus segredos para que a humanidade poida controlar e optimizar ese proceso.

As infusións, as bacterias, o lévedo, o lúpulo, a fermentación, o alcol... A ciencia explícaos e esta BD explica esa ciencia (e moitas cousas máis).

HENNESSEY, Jonathan, SMITH, Mike & McCONNELL, Aaron (2017): La historia en cómic de la cerveza : la bebida favorita del mundo desde el 7000 a.C. hasta la revolución de la cerveza artesanal hoy en día. Principal de los Libros. Mallorca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario