Con motivo do Día da ciencia en galego encontrarémonos co matemático Cibrán Arxibai.
Autor do blogue Carta xeométrica, Cibrán é unha das voces máis informada e activa da resistencia en favor do uso da lingua galega nas materias tecno-científicas. Ao tempo, é un imprescindíbel observador e analista da nosa realidade sociolingüística.
3 de novembro de 2015
6 de outubro de 2015
10 de xuño de 2015
Lecturas: Universos ocultos / Lisa Randall
Este
libro de Lisa Randall,
profesora da Universidade de Harvard, é, antes que nada, unha completa exposición
divulgativa da teoría
de cordas, a
candidata máis coñecida
para conseguir combinar a mecánica cuántica coa gravidade. Alén do chamado
modelo estándar da física de partículas (o que todos, máis ou
menos, coñecemos), esta teoría aposta pola
existencia dunha entidade física elemental (non divisible e
unidimensional), a corda, que
sería unha
especie de segmento de
enerxía que,
dependendo da sua oscilación ou vibración,
daría
lugar ás partículas.
Non obstante, malia se relacionaren con ela poucas veces, o máis
coñecido da teoría de
cordas son
dous dos seus corolarios: por un lado, a posible
existencia de, como mínimo, 6 dimensións espaciais máis, e, por
outro, a
posible existencia de branas,
unha sorte de universos
paralelos (entre os que
estaría o noso) con condicións e características físicas de seu; isto é, simplificadamente, a teoría de cordas aposta pola existencia dun multiverso. A explicación do que son esas dimensións ocultas é absolutamente clarificadora ao respecto.
Polo demais, o libro da profesora Randall funciona tamén como manual de física e
cosmoloxía básicas. Aínda que cun estilo expositivo en ocasións
exasperante pola súa obsesión con certo ton informal que se confunde
coa prolixidade, ao longo das súas páxinas podemos encontrar tratados cunha destacable habilidade explicativa os grandes temas da física relativista e cuántica. En concreto, Randall é quen de sortear calquera complicación no asunto da
dualidade onda/partícula, e no seu tratamento da mecánica
cuántica, o experimento da dobre regaña está exposto con
bastante claridade. É moi clarificadora tamén a súa explicación de como se
materializan as distintas forzas físicas; neste sentido, cobre
un terreo moi difícil de atopar noutros libros acerca de cal
es el papel exacto que desempeñan os bosóns gauges na
transmisión desas forzas entre partículas, e que é, realmente, o que dá
sentido a todo. A este respecto, a súa discusión da forza débil
é apaixonante e o seu panorama das partículas e das relacións e
forzas entre elas é altamente informativo. (C. M.)
RANDALL, Lisa (2011): Universos ocultos. Un viaje a las dimensiones extras del cosmos.
Acantilado. Barcelona.
Desde A marela tarabela.
Desde A marela tarabela.
4 de xuño de 2015
Alumnos do centro participan en actividades científicas no verán
A alumna de 1º de bacharelato, Yolanda López Garabato, foi seleccionada pola Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía para participar no Campus Científico de Verán 2015. As excelentes notas acadadas en 4º de ESO permitiranlle gozar dunha estadía dunha semana durante o mes de xullo na Universidade de Vigo.
![]() |
| Rubén e Jaime darán a cara en Soria e Lugo, respectivamente |
E xa máis cerca de Lalín, Jaime Blanco Vilariño, tamén de 4º, terá o oportunidade de coñecer os laboratorios da USC de primeira man grazas a unha estadía do 22 ao 26 de xuño no Campus XuvenCiencia de Lugo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





