15 de maio de 2020

17 de maio: Se un parasito che come a lingua

... non te preocupes: seguirás vivindo igual.

Fonte
Ou iso é o que pasa cando ti es peixe e o parasito en cuestión é o Cymothoa exigua.

Non sei se advertircho porque, á fin e ao cabo, non ten moita importancia:


O tal cymothoa metéseche na boca e zúgache a arteria que lle proporciona sangue á lingua, ata que a propia lingua queda atrofiada e acaba por esborrallarse.


En chegando a ese punto, o condenado do cymothoíño (cymothoíña para ben dicir, xa que, polo visto, a estas alturas xa é femia, se é que xa non o era antes) asume as funcións da túa lingua e ti tan pancho. El (ela, máis ben) mantense co teu sangue e as túas mucosas, pero non lle toca ao teu alimento. Vamos, que te mantén vivo para que lle sirvas de despensa.


Neste vídeo (do que soubemos por Naukas) explícanche ben explicado este novo caso de glotofaxia:




[A verdade é que o crustáceo cymothoa aínda daría para un bo feixe de analoxías, alegorías e metáforas... A ver quen se anima!]

7 de maio de 2020

Nova definición de quilo

GCiencia informa de que "un quilo xa non é o que era. Dende hoxe, significa oficialmente algo diferente, despois de que o Boletín Oficial do Estado publicase a nova definición para a unidade de masa, que deixa de ser un cilindro metálico gardado nos sotos do Pavillón de Breteuil, preto de París"... 


E engade que "durante varias décadas, na escola ensinaban que a medida de referencia para o metro foi unha barra de platino e iridio depositada na Oficina de Pesos e Medidas de París. Esta definición chegou en 1889 para substituír á anterior: o metro era antes “a dezmillonésima parte do cadrante do meridiano terrestre que pasa por París”. Un galego, o matemático José Rodríguez, contribuíu cos seus estudos no século XIX a mellorar esa definición".

29 de abril de 2020

CienciAtiras (50) : E despois?


Coronatrash.



Que pasará con todas as máscaras faciais e luvas de uso único que levamos todos os días para protexernos do coronavirus?

11 de abril de 2020

Dez libros sobre viaxes e ciencia

GCiencia proponnos "dez libros sobre viaxes e ciencia para ler (e soñar) durante o confinamento". Sen dúbida ningunha unha iniciativa que nos permitirá viaxar sen saírmos da casa cargados coa mochila do coñecemento.

Desde un clásico da literatura de viaxes, "Viaxe dun naturalista arredor do mundo" de Charles Darwin; ata "Aventuras dun mozo naturalista" de David Attenborough.
Preme na imaxe para ver as dez suxestións propostas para "viaxar coa imaxinación":



Imaxe: turismo.gal