GCiencia informa de que "un quilo xa non é o que era. Dende hoxe, significa oficialmente algo diferente, despois de que o Boletín Oficial do Estado publicase a nova definición para a unidade de masa, que deixa de ser un cilindro metálico gardado nos sotos do Pavillón de Breteuil, preto de París"...
E engade que "durante varias décadas, na escola ensinaban que a medida de referencia para o metro foi unha barra de platino e iridio depositada na Oficina de Pesos e Medidas de París. Esta definición chegou en 1889 para substituír á anterior: o metro era antes “a dezmillonésima parte do cadrante do meridiano terrestre que pasa por París”. Un galego, o matemático José Rodríguez, contribuíu cos seus estudos no século XIX a mellorar esa definición".
Oe, Paio! Como lle afectará iso á libra galega? Pon a traballar a Cudeiro e compañía.
ResponderEliminar