12 de decembro de 2019

Día Mundial da Sida: o VIH

Ao fío da conmemoración do Día Mundial da Sida,   o  1 de decembro, podemos ver no recanto do Toc TocA Ciencia o traballo feito polo alumnado do STEMBAC o pasado curso, sobre o virus da inmunodeficiencia humana, o VIH. 

O mesmo consta dun mural coa representación do ciclo biolóxico do virus, unha maqueta coa súa estrutura molecular, acompañado dunhas pequenas biografías dos seus descubridores.

A seguir unha mostra gráfica:








24 de novembro de 2019

Música e evolución con Pablo Carpintero e Rosa Sánchez

Grazas ao Departamento de Biloxía, retomamos o programa C@nt@s C@nt@s da man, unha vez máis, de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, nesta ocasión para nos deleitar coa música tradicional en relación coa evolución humana.
Evento músico-evolutivo destinado ao alumnado de 1º e 2º de ESO.  


Ao fío desta actividade con Pablo carpintero, non está de máis lembrar que estivo connosco hai uns cursos coa actividade músico-artesán Instrumentos tradicionais 
que podedes consultar na Marela.


21 de novembro de 2019

Anisakis: o verme que se esconde nos peixes



Unha vez máis, desde a Biblioteca queremos, en nome do toda a comunidade escolar do IES Aller Ulloa, darlles ánimo e moita sorte ás alumnas de 4º de ESO que van participar no IX Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil e no I Europeo de Investigación Xuvenil que se inaugura hoxe na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, destinado a alumnado de Secundaria e do último ciclo de Primaria.
"Anisakis: o verme que se esconde nos peixes" é o título do traballo de investigación a presentar por Alba Fernández Lamela, Noelia Pardo Areán, Andrea González Sánchez e Aroa Fernández Fernández; coordinado polas profesoras Natalia Fernández e Raquel Honrubia.
Para coñecerdes máis polo miúdo o certame e proceso de investigación preme nos enlaces seguintes:
A seguir as respectivas fotos publicadas nos medios anteriores:




17 de novembro de 2019

Cancro: casualidade ou causalidade?

A profesora de Bioloxía, Raquel Honrubia, presentou este venres, no XXXII Congreso de ENCIGA celebrado en Viveiro, a comunicación Cancro: casualidade ou causalidade? Unha experiencia de aula. Nela mostrou a un bo grupo de profesores de diversos centros galegos o excelente traballo que o curso pasado realizou co alumnado de Cultura Científica de 4º de ESO

Podedes ler o resumo do relatorio no número 88 do Boletín das Ciencias

Velaquí tedes algunha imaxe da súa intervención...



... e tamén da xornada inaugural do congreso.


De esquerda a dereita Juanjo Fernández, César Goldi e Manuel Vicente