3 de febreiro de 2015

Lecturas: La partícula al final del universo / Sean Carroll

Os protagonistas deste libro son o bosón de Higgs e o descubridor do mesmo, pero non o señor Higgs, senón o gran colisor de hadróns controlado polo CERN. 
 

La partícula al final del universo explica a historia e o funcionamento da "máquina máis grande e máis complexa que o ser humano  construíu xamais" e, simultaneamente, na liña dese apaixonante oxímoro científico que anoa a física de partículas coa cosmoloxía para xerar un intento de explicación da realidade, describe a singular posición no cadro do modelo estándar do que é o seu descubrimento máis relevante: o bosón de Higgs, esa palpitación dun campo sustentado sobre o baleiro que fai que as partículas elementais teñan masa.


Como ocorre na maioría dos libros de divulgación física, este de Sean Carroll, ademais de tratar dun aspecto concreto do seu ámbito de interese (aquí, o bosón de Higgs), aproveita tamén para repasar certos fundamentos da especialidade: neste caso, tanto nos tres primeiros capítulos do libro como nos tres apéndices que contén, Carroll describe as liñas fundamentais dese chamado modelo estándar da física de partículas.


Polo demais, á parte do interese concreto que ten o libro pola súa explicación in extenso do bosón de Higgs e dos fundamentos históricos, científicos, técnicos e humanos do colisor de hadróns, a obra de Carroll fai precisións clarificadoras para o afeccionado sobre un concepto de innegable opacidade como é o de campo, e, en concreto, sobre o de campo cuántico, cuxo protagonismo na orixe mesma do universo e na discusión do concepto de baleiro ou de nada física é evidente. (C.M.)

CARROLL, Sean (2013): La partícula al final del universo: Del bosón de Higgs al umbral de un nuevo mundo. Debate. Barcelona.

Desde A Marela Tarabela. 

26 de xaneiro de 2015

Encontro con... Bernardo Adeva Andany

O próximo xoves 29, ás 12, encontrarémonos co catedrático de física atómica e nuclear da USC, Bernardo Adeva Andany.
A cita será no salón de actos e o tema "Seguindo as trazas dos quarks no LHC:  materia e antimateria"




Entrevista realizada a Bernardo Adeva con motivo da súa visita ao noso centro.
Faro de Vigo (edición Deza): 30/xaneiro/2015



22 de xaneiro de 2015

Toc - toca: Exposición "Materia vs antimateria"

Comenzamos o ano coas novas actividades do Toc Toca Ciencia, o proxecto no que todos os departamentos de ciencias veñen traballando dende hai dous cursos.

O asunto que escollemos esta vez, presente no filme de ciencia-ficción Star Trek e na novela de Dan Brown Anxos e demos, é A Antimateria. Para responder algunhas das preguntas que nos veñen á mente cando escoitamos esta palabra (que é e para que serve?, por que desapareceu do universo actual?, fabrícase no laboratorio?,  onde se fabrica?,...) podemos botarlle un ollo a esta curta documental premiada no II Concurso de Divulgación do CPAN...
 


... e mais á exposición que temos diante da biblioteca, na que empregamos material de divulgación do Instituto de Física Teórica da Universidade Autónoma de Madrid e carteis de elaboración propia en galego e inglés.

Acompañamos a exposición, como é costume, dunha guía didáctica con algunha suxestión por se vos interesa o tema e dunha pequena selección de libros e novelas gráficas da nosa biblioteca.







18 de decembro de 2014

A ciencia na Gran Guerra


Aproximémonos á ciencia desde o estudo da Gran Guerra, ou fagámolo en dirección contraria. Sairannos ducias, centos de propostas e posibilidades.
VEBER, Jean (1918 ): Les gaz. Paris. BnF.

Nós ímonos conformar cunha presiña delas.

Que tal se nos imos achegando ao tema desde o punto de vista da "guerra química" ou de determinadas solución médicas?

Aquí tedes algunhas interesantes ligazóns:

Química.

Física:

Medicina:

Inventos científicos e tecnolóxicos.



9 de decembro de 2014

Pode estar quente un burato negro?

Con este vídeo de Pablo Bueno e José Luis Crespo, que foi premiado no V concurso de divulgación do CPAN (Centro Nacional de Física de Partículas), podemos facernos unha idea xeral de parte da física que hai detrás da película  Interestellar.
 

Para profundar máis, recoméndovos ler esta recensión de Daniel Marín, estoutra de Arturo Quirantes e mais esta de Francisco R. Villamoro, todos eles colaboradores de Naukas.