3 de novembro de 2014

29 de setembro de 2014

O CERN celebra hoxe '60 anos de ciencia para a paz'

O 29 de setembro de 1954, hai xa 60 anos, fundouse cerca de Xenebra o CERN (Centro Europeo para a Investigación Nuclear), co propósito de se converter nun centro de referencia a nivel mundial e compensar así a carencia de científicos en Europa despois da segunda guerra mundial.
Daquela eran tan só doce os estados membros, hoxe vinte e un, entre eles España, e outros moitos países colaboradores arredor do globo. Toda una mestura de nacionalidades e culturas unidas cunha única finalidade: a ciencia.
As investigacións que alí se realizan encádranse no que chamamos "ciencia básica". O afán do ser humano por responder ás grandes preguntas - quen somos? de onde vimos? - leva da man un desenvolvemento tecnolóxico de última xeración que repercute directamente na sociedade. A web, as pantallas táctiles, varias técnicas de medicina diagnóstica ou a radioterapia son só algún exemplos.



Este verán tiven a oportunidade de coñecer esta institución ao participar, xunto con outros 53 compañeiros, no High School Teacher Programme, un programa intensivo de tres semanas específicamente deseñado para profesores de física e que inclúe charlas con investigadores de primeira liña, obradoiros, visitas ás instalacións e traballos en grupo. Neste blog conto a miña experiencia.




19 de setembro de 2014

Historia da informática



Aí por Agosto,  Juan Jesús Velasco publicou no Diario Turing, unha escolma de documentais sobre a historia da informática. Escolleu doce e todos eles poden verse na rede.

Os primeiros, producidos polo Computer History Museum, céntranse nos tempos iniciais dos computadores:


O duódecimo, The Internet's Own Boy: The Story of Aaron Swartz, dirixido  por Brian Knappenberger, glosa a figura de Aaron Swartz, un home clave da Internet. A el debémoslle proxectos como  RSS 10, Reddit, Open Library ou Creative Commons. Aaron acabou suicidándose con vinte e seis anos, seguramente presionado por un sistema xudicial que non sempre entende a xenerosidade, o altruísmo ou a loita pola igualdade de oportunidades.



O resto deles podédelos atopar no artigo: 12 documentales para entender la historia de la tecnología.

13 de xuño de 2014

Toc - toca: xincana biográfica

Estes días, e ata final de curso, temos espallados polo insituto pequenos carteis con biografías de científicos e científicas de todos os campos, dende Química, Bioquímica e Matemáticas ata Tecnoloxía, Física ou Informática. O material foi elaborado por membros dos departamentos científico-tecnolóxicos e o resultado podédelo consultar nesta presentación:


Xincana_fichas_biograficas from marelatarabela


Acompañamos a exposición, como ven sendo habitual, dunha mostra bibliográfica con fondos da nosa biblioteca e da colección Los 40 imprescinbles de la ciencia,  que imprimimos en tamaño A3 para ser lida no noso xa famoso "superatril".  











11 de xuño de 2014

Toc - toca: electromagnetismo


Fig 1: O lapis máxico
Xavier Enjamio e os seus alumnos de PDC, traballaron durante o segundo trimestre nunha serie de proxectos relacionados co electromagnetismo.

Quixeron compartir connosco, no recuncho do Toc Toc, todos os traballos realizados.

Velaquí tedes unhas fotografías e mais unha presentación cunhas breves explicacións. 





Fig. 2 e 3: Electroimán e Motor mendocino

Fig 4: Canón Gauss