23 de maio de 2014

Encontro con... Angel Carracedo

O pasado martes 20 de Maio, o alumnado de 1ª A de bacharelato acompañado de Natalia, a profesora de Bioloxía, asistiu a unha charla de divulgación científica do doutor Angel Carracedo, no auditorio de Vila de Cruces.


Angel carracedo é catedrático e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela e da Fundación Galega de Medicina Xenómica, así como vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal. Ten publicacións en revistas de gran prestixio internacional, como Science ou Nature. 
É destacado investigador no campos da xenética aplicada, xenética de poboacións e medicina forense, disciplina esta última na que é un recoñecido especialista a nivel mundial.

29 de abril de 2014

Toc - toca: observación de minerais

Este ano foi declarado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como o Ano Internacional da Cristalografía.
 
Para conmemoralo decidimos expoñer unha pequena colección de minerais, seleccionada polo departamento de bioloxía e xeoloxía, e describir as súas estruturas internas, que non son outra cousa que átomos perfectamente ordenados no espazo.


Cando unha substancia ten este tipo de estrutura dise que é "cristalina". Pola contra, se unha substancia non é cristalina decimos que é "amorfa" e que, polo tanto, as partículas que a forman están desordenadas.

Un exemplo dun material amorfo é o vidro, mentres que exemplos de materiais cristalinos témolos nos minerais: seixo, pirita, diamante,...

Sabes agora distinguir entre "vidro" e "cristal" ?





Nesta presentación resumimos as características que teñen os minerais:

9 de abril de 2014

Toc - toca: propiedades dos líquidos

Un grupo de estudantes de 4º de ESO realizou un pequeno proxecto de investigación no laboratorio sobre varias propiedades físicas dos líquidos. Tiveron algún que outro atranco na fase experimental e nas gravacións dos vídeos. O tempo non deu para máis, pero o resultado foi bastante xeitoso. 
 
Aquí tedes un resumo de todo o realizado. Colaboraron nas explicacións e demostracións María, Sara, Noelia, Alex e Diego. Na cámara Nuria. 
 
Propiedades dos líquidos from marelatarabela


18 de marzo de 2014